Hobby Consolas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hobby Consolas é unha revista española de videoxogos iniciada en outubro de 1991 por HobbyPress e editada actualmente por Axel Springer España S.A. (á que pertence HobbyPress hoxe en día).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ten un carácter mensual, dirixida ao consumidor novo, que se pon á venda o día 24 de cada mes e cuxas vendas rozan os 95 000 exemplares segundo a OJD, a data de 2005. O seu director é Manuel del Campo.

Hai pouco tempo cumpriu o 15º aniversario, polo que regalaron un suplemento especial que incluía aspectos como os xogos que máis marcaron e un breve repaso aos números máis importantes que elaboraron, así como todos os datos que foron publicando (total cantidade de trucos, cartas recibidas etc.)

Dende que a información de videoxogos se foi estendendo masivamente grazas a Internet, a revista está sufríndo duras críticas por parte dos internautas ao mentir, modificar e inventar noticias ou rumores. Tamén se criticou o pouco texto xunto a grandes imaxes e o mal uso do vocabulario dos redactores.