Periférico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un periférico é un compoñente externo dun sistema computacional que se liga mediante conexións físicas directas (cabos ou cables) ou indirectas (radiofrecuencia ou raios infravermellos) e que serve para interactuar co sistema. Poden ser para introducir ou recibir información, caso no que se adoitan chamar respectivamente periféricos de entrada (input, abreviado "I") ou de saída (output, abreviado "O"). Polo tanto, algúns elementos como o microprocesador non son periféricos, senón que forman parte do sistema mesmo. Aínda así, outros como o disco duro ou a memoria USB tamén se poden entender como periféricos de saída, pois permiten almacenamento de datos. Hai tamén dispositivos mixtos de entrada e saída (I/O), como o módem, e casos de elementos intermediarios ou posibilitadores do funcionamento dun periférico, como a tarxeta que permite o uso do módem, a tarxeta de rede. Nótese que as abreviacións O e I semellan tamén os números 0 e 1 do código binario.

Periféricos de saída[editar | editar a fonte]

  • monitor ou pantalla: para que o usuario poida recibir información visual dinámica do sistema
  • impresora: para que o usuario poida recibir información impresa do sistema
  • altofalante: para recibir información audible
  • tarxeta: para que o sistema poida enviar información dos tipos anteriores (tarxeta gráfica, tarxeta de son)
  • gravadora de CD-ROM

Periféricos de entrada[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.