Saltar ao contido

Pac-Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pac-Man

Tipovideoxogo e disciplina de deporte electrónico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de labirinto Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aTōru Iwatani Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorNamco Editar o valor en Wikidata
Temática
Parte deNamco Museum Virtual Arcade Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
EditorialNamco e Midway Games Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aGoogle Play e App Store Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndescarga dixital Editar o valor en Wikidata
Sistema operativoAndroid e iOS Editar o valor en Wikidata
PlataformaGame Boy Advance, Windows Phone, Android, Atari 5200, Commodore VIC-20, Atari 2600, MSX, Commodore 64, Game Gear, Linux, Microsoft Windows, ZX Spectrum, Xbox 360, Amiga, DOS, Nintendo Entertainment System, Super Nintendo Entertainment System, iOS, Family Computer Disk System, Apple II, Familia Atari de 8 bits, Intellivision, Texas Instruments TI-99/4A, IBM PC, Game Boy Color, Neo Geo Pocket Color (pt) Traducir, iPod touch, PlayStation 4, Xbox One e PlayStation Portable Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
ColecciónMuseo de Arte Moderna de Nova York Editar o valor en Wikidata
Lugar de creaciónToquio Editar o valor en Wikidata
Premios
Clasificación
Contacto
Páxina WEBpacman.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0260264 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Pac-Man (パックマン Pakkuman?) ou Comecocos é un videoxogo arcade desenvolvido por Namco e licenciado para a distribución nos Estados Unidos por Midway, saíndo á luz por vez primeira o 22 de maio de 1980[1][2]. Inmensamente popular nos Estados Unidos desde o seu lanzamento orixinal ata a actualidade, Pac-Man é considerado universalmente como un dos clásicos do medio, virtualmente sinónimo de videoxogo, e unha icona da cultura popular dos anos 80. O xogo converteuse nun fenómeno social[3] que vendeu unha manchea de mercadorías e tamén inspirou, entre outras cousas, unha serie de animación de televisión e música.

Cando Pac-Man foi posto á venda, a meirande parte dos videoxogos arcade eran principalmente de disparos no espazo como o Space Invaders, o Defender ou o Asteroids. A minoría máis visible era o formado polos xogos sobre deportes, que eran derivados en gran parte do Pong. Pac-Man tivo éxito ao crear un novo xénero, apelando á vez a ambos os xéneros[4]. A miúdo dise a prol de Pac-Man que é un punto de referencia na historia dos videoxogos, estando entre os xogos arcade máis famosos de todos os tempos[5]. O personaxe tamén aparece en máis de 30 xogos derivados deste licenciados oficialmente[6], así coma en numerosos clons non autorizados e copias pirata[7]. Segundo o Davie-Brown Index, Pac-Man é o personaxe de videoxogo do que os consumidores norteamericanos teñen maior coñecemento, recoñecido polo 94 por cento deles[8].

O nome do xogo provén da onomatopea xaponesa paku (パク), que é o son que se produce ó abrir e pecha-la boca. O nome quedou como Puck-Man no Xapón (en inglés puck pronúnciase parecido a pac), pero Midway modificouno a Pac-Man para o mercado estadounidense (e posteriormente outros mercados occidentais), xa que puck se parece demasiado a fuck, unha obscenidade en inglés.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O protagonista do videoxogo Pac-Man é un círculo amarelo ó que lle falta un sector polo que parece ter boca. Aparece en labirintos onde pode comer puntos pequenos, puntos maiores e outros premios con forma de froitas e outros obxectos. O obxectivo do personaxe é comer tódolos puntos da pantalla, momento no que se pasa ó seguinte nivel ou pantalla. Non obstante, catro fantasmas ou monstros, Shadow (Blinky), Speedy (Pinky), Bashful (Inky) e Pokey (Clyde), recorren o labirinto para intentar comerse a Pac-Man. Estas pantasmas son, respectivamente, vermella, rosa, azul clara e laranxa. No xogo orixinal (Puck-Man), as pantasmas chamábanse Akabei, Pinky, Aosuke e Guzut. As pantasmas non son iguais, así mentres Blinky é moi rápido, e ten a habilidade de encontrarte no escenario, Inky é moi lento e moitas veces evitará o encontro con Pac-Man.

Hai catro puntos máis grandes do normal situados preto das esquinas do labirinto, e que proporcionan a Pac-Man a habilidade temporal de comerse aos monstros (todos eles vólvense azuis mentres Pac-Man ten esta habilidade). Despois de ser tragados, as pantasmas rexenéranse en "casa" (unha caixa situada no centro do labirinto). O tempo que os monstros permanecen vulnerables varía segundo a pantalla, pero tende a decrecer a medida que progresa o xogo, e ó cabo de moitas pantallas os puntos especiais non teñen ningún efecto sobre as pantasmas, coa excepción do nivel 6 no que o efecto dura uns segundos máis ca no nivel 5.

Hai uns descansos entre algunhas pantallas (entre a 2 e a 3, 5 e 6, 9 e 10 e posteriormente cada catro pantallas) nas que se ven escenas humorísticas sobre Pac-Man e as pantasmas.

Ademais de comer os puntos, Pac-Man pode obter puntuación adicional se se come algún dos obxectos que aparecen dúas veces por pantalla xusto debaixo da caixa no centro do labirinto de onde saen os monstros. O obxecto cambia cada pantalla ou dous, e o seu valor en puntos aumenta, de forma que dúas cereixas (o premio da primeira pantalla) valen 100 puntos, mentres que o derradeiro obxecto, a chave, vale 5.000 puntos.

O videoxogo ten exactamente 255 pantallas nas que xogar, sendo este o maior número que se pode expresar con oito cifras no sistema binario. Aínda que, tecnicamente, existe un nivel 256, se se chega a el a parte dereita da pantalla aparece distorsionada con caracteres incongruentes e facendo que o xogo sexa practicamente imposible de xogar. Os entusiastas de Pac-Man refírense a este nivel como o "Nivel Final", o "Nivel da Pantalla Partida" (Split-Screen Level) ou sinxelamente como o final de Pac-Man.

En Pac-Man World tratase de que a familia de Pac-Man é raptada por diferentes monstros. O pai de Pac-man é raptado por uns alieníxenas, Toc-Man é raptado por un barco vivente, Can-Man é raptado por Anubis, o fillo de Pac-Man é raptado por un robot da fábrica e Mrs Pac-Man é raptada polas pantasmas.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

O movemento dos monstros está estritamente determinado: non hai ningún movemento aleatorio, nos algoritmos que elixen os seus percorridos. Así, pódese aprender a xogar indefinidamente a través da memorización de secuencias específicas de movementos para cada nivel. Estas secuencias son chamadas "patróns", ou "camiños" (en inglés patterns). Unha revisión posterior da programación do xogo alterou o comportamento, pero seguía sen ser aleatorio, e foi por este motivo polo que se deseñaron novos patróns para completa-los niveis.

As diferentes pantasmas son:

  • Blinky, a pantasma vermella, é a máis agresiva, sempre perseguirá a Pac-Man polo labirinto. Ademais, cando Pac-Man recolle un certo número de puntos en cada nivel, a velocidade de Blinky aumenta substancialmente.
  • Pinky, a pantasma rosa, normalmente seguirá a Blinky, aínda que ocasionalmente se perda. É o primeiro en cambiar de dirección cando se acerca o final do nivel, polo que é mellor manterse lonxe del cando queden pouco puntos na pantalla.
  • Inky, a pantasma azul, sempre trata de corta-lo paso a Pac-Man. Non é perigoso por si mesmo, pero en combinación con Blinky e Pinky resulta letal, xa que entre os tres terminan por cercar ao xogador despistado.
  • Clyde, a pantasma laranxa, é a máis inofensiva das catro. Normalmente o seu comportamento é errático e case nunca vai detrás de Pac-Man, senón que sinxelamente dá voltas polo labirinto. Pode resultar inofensiva, aínda que ás veces é perigosa, precisamente pola dificultade de prever os seus movementos.

Acontecementos históricos

[editar | editar a fonte]
Decoración de Nadal inspirada no Pac-Man, en Madrid.

Billy Mitchell, en 1999 xogou por primeira vez unha partida perfecta de Pac-Man, entendéndose como tal unha partida na que o xogador debe completa-los 255 niveis coa puntuación máxima sen ser capturado nin unha soa vez. A puntuación máxima é de 3.333.560 puntos.

Non obstante, en decembro de 1982, un cativo de oito anos chamado Jeffrey R. Yee recibiu unha carta do entón presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan na que o felicitaba por consegui-lo récord mundial de 6.131.940 puntos, unha puntuación que só se pode acadar se o xogador pasa polo nivel da pantalla partida. Debátese acaloradamente sobre se este feito tivo realmente lugar ou non nos círculos de videoxogos dende entón. Billy Mitchell ofreceu 100.000 dólares ó que puidese completar (e demostrar que o fixera) o nivel da pantalla partida antes do 1 de xaneiro de 2000, porén ninguén puido logralo.

  1. Namco Bandai Games Inc. (02-06-2005). bandainamcogames.co.jp/, ed. "Bandai Namco press release for 25th Anniversary Edition" (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 30-12-2007. Consultado o 10-10-2007. 2005年5月22日で生誕25周年を迎えた『パックマン』。 ("Pac-Man celebra o seu 25º aniversario o 22 de maio de 2005") 
  2. Tony Long (10-10-2007). Wired.com, ed. "Oct. 10, 1979: Pac-Man Brings Gaming Into Pleistocene Era". Arquivado dende o orixinal o 05-12-2012. Consultado o 10-10-2007. [Bandai Namco] puts the date at May 22, 1980 and is planning an official 25th anniversary celebration next year. 
  3. Green, Chris (17-06--2002). Salon.com, ed. "Pac-Man". Consultado o 12-02-2006. 
  4. Goldberg, Marty (31-01-2002). Classicgaming.com, ed. ""Pac-Man: The Phenomenon: Part 1"". Arquivado dende o orixinal o 16-10-2007. Consultado o 31-07-2006. 
  5. Parish, Jeremy (2004). 1UP.com, ed. ""The Essential 50: Part 10 - Pac Man"". Arquivado dende o orixinal o 06-01-2019. Consultado o 31-07-2006. 
  6. "The Legacy of Pac-Man". Archived from the original on 21 de xaneiro de 1998. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  7. "Pac Man Bootleg Board Information". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2009. 
  8. "Davie Brown Entertainment :: Davie Brown Celebrity Index: Mario, Pac-Man Most Appealing Video Game Characters Among Consumers". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]