Galaxian
Aparencia
| Galaxian | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Galaxian (ギャラクシアン Gyarakushian?) é un videoxogo arcade que foi desenvolvido por Namco e estreado en outubro de 1979. Foi publicado por Namco no Xapón e importado a América do Norte por Midway en decembro dese ano. É un xogo de disparos no que o xogador controla unha nave espacial na parte baixa da pantalla e dispara a inimigos que descende en diversas direccións. Foi deseñado para competir con Space Invaders (que fora estreado o ano anterior).
Tivo unha exitosa secuela, Galaga, en 1981, e outras menos coñecidas: Gaplus e Galaga '88 en 1984 e 1987 respectivamente, así como diversas adaptacións.