Motor de xogo
Un motor de xogo (inglés: game engine) é un programa informático deseñado para a creación e desenvolvemento de videoxogos. Os desenvolvedores utilizan estes programas para crear xogos para consolas, dispositivos móbiles e ordenadores. As funcionalidades habituais que adoita fornecer un motor de xogo inclúen a renderización de gráficos 2D e 3D, un motor de físicas e detección de colisións, son, scripting, animación, intelixencia artificial e funcionalidades de rede entre outras. O proceso de desenvolvemento de videoxogos adoita economizarse en gran medida reutilizando ou adaptando o mesmo motor de xogo para a creación de diversos xogos.[1]
Na maioría dos casos o motor de xogo fornece unha serie de ferramentas de desenvolvemento visuais ademais de compoñentes de software reutilizables. Estas ferramentas adoitan incluírse dentro dunha contorna integrada de desenvolvemento para permitir un desenvolvemento simplificado e rápido de videoxogos seguindo un deseño orientado a datos. Algúns motores de xogo cualifícanse en ocasións coma middleware, xa que fornecen unha plataforma de software flexible e reutilizable coas funcións básicas necesarias dende o comezo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What is a Game Engine?". GameCareerGuide.com. Consultado o 24 de novembro de 2013.
- ↑ Cowan, Danny. "My Turn: The Real Cost of Middleware". Gamedaily.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de novembro de 2013.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Motor de xogo |
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |