Campo de concentración de Arnao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°33′17″N 7°1′1″O / 43.55472, -7.01694

Anaco de mapa centrado no campo de concentración de Arnao (MTN50-0010-1944-nnn-Ribadeo).

O campo de concentración de Arnao foi un dos campos de concentración do Franquismo, e funcionou entre 1938 e 1943 en Arnao (As Figueiras, Castropol), xunto á ría de Ribadeo. Tiña tres barracóns e chegou a albergar a 300 prisioneiros, incluídas mulleres e nenos[1].

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Monolito commemoración do campo concentración Arnao, erixido polos socialistas de Castropol. As placas din: 'En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados entre los años 1937 - 1942' (a superior) e '100 años de socialismo asturiano. Agrupación socialista de Castropol'. Pode observarse que os ataques son sucesivos.
Monolito commemoración do campo concentración Arnao, erixido polos socialistas de Castropol.[2]

Foi un dos campos de concentración españois que máis xente tivo concentrada, e funcionou a partir da caída da fronte en Asturias na guerra civil española e durante os anos máis duros da represión franquista.

Os propios prisoneiros construíron tres barracóns de madeira pintados de gris obscuro con capacidade para unhas cen persoas cada un, con literas de tres niveis, e dimensións de 32 m x 10,7 m. Unha caseta de 6,5 m x 5,2 m e un subterráneo usado para almacenar víveres completaban o conxunto principal.

Despois fíxose outro barracón para a guarnición, unha Compañía, e aínda outro para enfermería, con 27 camas.

O conxunto quedou completado cunha casa usada como oficina administrativa e vivenda de oficiais, unha garita de garda, unha fonte de auga potable, e aínda outro edificio para cociña[3]. As forzas da guarnición tiñan tamén labores de vixilancia na entrada da ría de Ribadeo.

Na actualidade, no lugar hai un monólito levantado polos socialistas de Castropol, cunha placa na que pode lerse:

En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El campo de concentración de Arnao, el paraíso que fue un infierno". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-11-21. Consultado o 2018-11-29. 
  2. As placas din: 'En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados entre los años 1937 - 1942' (a superior) e '100 años de socialismo asturiano. Agrupación socialista de Castropol'. Pode observarse que os ataques son sucesivos.
  3. "El blog de "Acebedo": El campo de concentración de Arnao (Castropol-Figueras)". El blog de "Acebedo". 2013-11-11. Consultado o 2018-11-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arquivo histórico municipal de Ribadeo.