Liga Comunista Revolucionaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Liga Comunista Revolucionaria (LCR) foi un partido político trotskista español fundado en 1971 por militantes do grupo catalán Comunisme, que procedía da Frente de Liberación Popular. Constituía a sección española do Secretariado Unificado da IV Internacional e pretendía ser un partido revolucionario que rexeitaba a colaboración entre clases e propugnaba un modelo territorial baseado na confederación de repúblicas.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1972 escíndese dela un pequeno grupo, a Liga Comunista, que volverá á organización en 1978. En 1973 intégrase nela unha escisión de ETA, a ETA VI Asemblea, co que consegue implantación no País Vasco, denominándose LCR-ETA (VI) ata 1976. Nas eleccións de 1977 patrocina a candidatura da Frente por la Unidad de los Trabajadores, e participa en diversas candidaturas da esquerda comunista ata os anos 80, cando propugna a abstención nas eleccións.

A finais dos 80 comeza a colaborar co Movimiento Comunista, unha organización de orixe maoísta, promovendo mobilizacións contra a OTAN, contra as bases americanas, os GAL e apoiando o movemento feminista e os dereitos dos homosexuais. Nas primeiras eleccións ó Parlamento Europeo apoiou a candidatura de Herri Batasuna, a pesar de ser críticas cos métodos de ETA.

En 1991 a LCR unificouse co MC formando a confederación Izquierda Alternativa, pero deseguida xurdiron as tensións ao consideraren a maioría dos militantes da LCR que foran absorbidos polo MC. En 1992 IA dividíase quedando co nome os antigos militantes da LCR, mentres os de MC collían o nome de Liberación. Na Galiza, a fusión LCR-MC adoptou o nome de Inzar e no ano 1993 integrouse no BNG.