Campo de concentración da Lavacolla
Tipo | campo de concentración centro penitenciario | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Campos de concentración franquistas | |||
Localización | ||||
División administrativa | A Lavacolla, España | |||
| ||||
O campo de concentración da Lavacolla foi un campo de prisioneiros franquista que funcionou entre 1937 e 1939.
Historia e características
[editar | editar a fonte]En xuño de 1935 inaugurouse na Lavacolla un campo de voo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, as autoridades franquistas instalaron alí un campo de prisioneiros. O campo da Lavacolla foi pechado en novembro de 1939.
As autoridades consideraron que o campo de voo da Lavacolla podería converterse no aeroporto de Galicia, pero precisábase ampliar a capacidade das instalacións. Para iso recorreron ao traballo dos presos. Dende 1940, varios batallóns traballaron nas instalacións para converter Lavacolla nun aeroporto transoceánico. Encargaron a construción de varias pistas ao batallón número 31, formado por 388 prisioneiros. Confinaron aos traballadores nunha antiga fábrica de curtidos, propiedade de Juan Hanguindey Broussain e posteriormente adquirida por Jacobo Varela de Limia. Os prisioneiros castigados eran encerrados nun hórreo de cantería de grandes dimensións xunto ao que pasaban nenos que lles daban pan e espigas de millo.
Segundo o relato dos prisioneiros o batallón da mañá tiña que estar formado ás cinco. Dábanlles un cazo de café e levábanos formados de cinco en cinco e collidos da man. Tiñan que percorrer tres quilómetros antes de chegar ás obras. O outro batallón entraba ás 13:00 horas, ata ás 19:00. Ceaban ás 23:00 horas coles cocidas. O traballo era agoniante, tiñan que cavar e cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra e levalas por unha vía, para ir aplanando uns cerros". Dábanlles pouca roupa e ningún diñeiro. Cando escapaba algún prisioneiro, castigábanos facendo instrución despois do traballo. A morte era case segura para os que non recibían víveres da familia.
Os prisioneiros do campo popularizaron a canción:
- "Si quieres saber, Mercedes
- dónde está mi paradero
- campo de concentración, fábrica de Lavacolla
- donde ando prisionero.
- Al entrar en Lavacolla
- lo primero que se ve
- es un pico y una pala,
- y un porrón para beber".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santidrián Arias, Víctor. Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero. Campo de concentración de Lavacolla. Prisión de Santiago de Compostela, 1939-1940. Fundación 10 de Marzo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lavacolla, campo de concentración e batallón de traballadores no proxecto Todo é cárcere.
- "Lavacolla, un aeroporto construído coa man de obra dun campo de concentración" Arquivado 26 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Sermos Galiza.
- "Miles de presos construyeron obras civiles y militares en Galicia hasta 1960" La Opinión Coruña (en castelán).