Saltar ao contido

Torre Glòries

Torre Glòries
A Torre Agbar
Coordenadas41°24′12″N 2°11′22″L / 41.403333333333, 2.1894444444444
editar datos en Wikidata ]

A Torre Glòries, anteriormente Torre Agbar, é un rañaceos da cidade de Barcelona, propiedade da inmobiliaria Laietana, e sede do Grup Agbar. Está situado na Plaça de les Glòries Catalanes, no distrito de Sant Martí. Deseñado polo arquitecto francés Jean Nouvel, inaugurouse o 16 de setembro de 2005.

Ten 30.000 m² dedicados a oficinas, 3.210 m² para servizos e instalacións técnicas, e 8.350 m² para servizos xerais, incluíndo un auditorio. A Torre Agbar ten unha altura de 144 metros, repartidos en 38 plantas, 4 delas soterradas. É o terceiro edificio máis alto da cidade, logo do Hotel Arts e a Torre Mapfre.

Na fachada hai uns 4 000 dispositivos luminosos que utilizan a tecnoloxía LED e que permiten crear imaxes ao redor do perímetro cilíndrico. Ademais, dispón de sensores de temperatura no exterior da torre que regulan a apertura e o peche das láminas de vidro que conforman a pel do rañaceos.

A torre foi o escenario das badaladas de fin de ano de TV3 entre 2006 e 2009.[1]

Vista parcial de Barcelona coa Torre Agbar e a Sagrada Familia sobresaíndo sobre o resto dos edificios.

A torre foi deseñada polo arquitecto Jean Nouvel en colaboración coa firma b720 Arquitectos.[2] A construción, segundo explicou o propio Nouvel viuse fortemente influenciada por algún dos símbolos máis representativos da cultura catalá. Por unha banda inspirouse na obra do arquitecto catalán Antoni Gaudí tomando como referencia os campanarios da Sagrada Familia e baseándose á súa vez na idea do Hotel Attraction, un suposto proxecto realizado polo mestre reusense en 1908 para uns empresarios hoteleiros de Nova York que foi redeseñado en 1956 polo seu discípulo Joan Matamala e que en 1978 foi incluído no libro Delirious New York de Rem Koolhaas, de referencia para moitos arquitectos.[3] Ademais, como homenaxe á Sagrada Familia, a parte orientada ao norte da torre foi deseñada coa intención de obter unha vista panorámica óptima do templo.[4] Á súa vez, Nouvel inspirouse nos característicos pináculos da montaña de Montserrat, de gran significado para Cataluña ao ser o lugar onde se atopa o templo que aloxa á súa patroa.[5]

Nouvel explicou que a torre Agbar fuxía da concepción predominante en Norteamérica do que debía ser un rañaceos con formas paralelepípedas. A intención do arquitecto foi facer que esta emerxera do chan dunha forma especial polo que ao ser unha torre dedicada a ser a sede dunha compañía de servizos relacionados coa auga, apoiouse na metáfora dun geyser brotando desde as profundidades mariñas.[5]

Construción

[editar | editar a fonte]

O proceso de construción da torre, levado a cabo pola empresa foi Dragados,[6] alargouse durante preto de 6 anos desde que a mediados de 1999 iniciáranse as actividades para o acondicionamento do soar que acollería o edificio ata principios de 2005 en que se deu por finalizada a obra. Ata un total de 1 174 profesionais e operarios colaboraron en maior ou menor medida para levar a cabo a obra.

Características

[editar | editar a fonte]

Materiais

[editar | editar a fonte]

Os materiais principais empregados na construción do edificio foron por unha banda o formigón co que se realizou a estrutura da torre e doutra banda o aluminio e o vidro que en forma de chapa lacada de distintas cores o primeiro e de lamas de 120 x 30 cm o segundo (nun total de 59 619) recobren a totalidade dos aproximadamente 16.000 m² de superficie exterior do mesmo. Ademais as lamas presentan distintas inclinacións e opacidades o que unidos ás distinta tonalidades do aluminio alteran o equilibrio cromático da torre en función do momento do día e a estación do ano correspondente.[5]

Para a culminación do proxecto foi necesario que se empregasen un total de 25 000 m³ de formigón e 250 000 kg de aceiro.[7]

Forma e estrutura

[editar | editar a fonte]
Cúpula da torre vista desde o seu interior onde se pode apreciar o extremo superior do cilindro interior da torre.

A torre confórmase de dous cilindros ovais non concéntricos de formigón de forma que un está cuberto totalmente polo outro. O cilindro exterior está finalizado por unha cúpula de cristal e aceiro o que como resultado confiren á torre a súa característica forma de bala. Neste cilindro exterior, cun grosor de 45 cm na base e de 25 na súa cima sitúanse as aperturas (4 359 en total) e as fiestras (4 500), mentres que en interior, de 50 cm na base e 30 é a súa parte máis alta, é onde están os ascensores, as escaleiras e as instalacións.[5][7]

Distribución

[editar | editar a fonte]

O edificio distribúese nun total de 38 plantas das cales 34 sitúanse por encima do nivel do chan e 4 plantas son subterráneas. Destas últimas, 2 plantas acollen un auditorio con capacidade para 316 persoas ademais doutros servizos como entrada de mercancías ou arquivo e as outras 2 están destinadas a estacionamentos. Pola súa banda, das 34 plantas situadas por encima do rasante, 28 son destinadas a oficinas, 3 son plantas técnicas onde se atopan as instalacións do edificio, 1 dedícase a salas polivalentes, outra acolle a cafetería e a última esta destinada a ser un miradoiro xusto por baixo da cúpula da torre.[8]

En total a torre alberga 30 000 m² destinados a oficinas, 3 210 m² para plantas técnicas de instalacións, 8 351 m² repartidas entre os distintos servizos e o auditorio ademais de 9 132 m² destinadas a estacionamentos.[5]

Iluminación

[editar | editar a fonte]
Iluminación nocturna da torre.

Un dos elementos máis característicos do edificio é a súa iluminación nocturna. A torre dispón de máis de 4 500 dispositivos luminosos, que se poden poñer en funcionamento de forma independente utilizando tecnoloxía LED e que posibilita a xeración de imaxes luminosas na totalidade da súa fachada. O sistema permite proxectar 16 millóns de cores, grazas a un sofisticado sistema de hardware e software, ademais da capacidade de crear transicións de cor tamén independentes, sen apreciarse atrasos e creando un efecto impactante.[9] A eficiencia enerxética de dita tecnoloxía supón que o custo de ter a torre completamente iluminada durante unha hora sexa equivalente a uns 6 euros.[10]

O peculiar sistema de iluminación do edificio, bautizado polo seu creador Yann Kersalé como Diffraction e definido polo mesmo como "unha vaporosa nube de cor que busca o efecto Moiré",[11] pódese ver diariamente durante varias horas[12] e é ademais empregado con frecuencia na celebración de distintos acontecementos, como a celebración do nomeamento de Barcelona como capital da Unión para o Mediterráneo,[13] a do 50 aniversario do Tratado de Roma[14] ou a conmemoración do día do autismo[15] entre outros.

Consumo enerxético

[editar | editar a fonte]

A temperatura no interior do edificio está regulada por un sistema VRV que organiza cada planta do mesmo en 27 zonas diferenciadas e que actúa de forma "intelixente" en cada unha delas optimizando a cantidade de enerxía que se utiliza, de forma que, por exemplo, non proporciona calor a despachos que están desocupados ou zonas destinadas a almacenamento. As luces tamén son controladas mediante un sistema informático que as regula automaticamente en función de si un determinado espazo está sendo ocupado ou non. Ademais, parte das case 60 000 lamas que recobren a fachada exterior posúen placas fotovoltaicas que acumulan enerxía solar que posteriormente é empregada para autoabastecer as necesidades da torre.[16]

A mediados de 2011, a Comisión Europea decidiu distinguir á torre Agbar co título de Edficio Verde pola súa eficiencia enerxética así como pola reducidas emisións de dióxido de carbono en relación a edificios de similares características.[17]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "As badaladas de fin de ano desde a Torre Agbar os próximos tres anos.". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2012. 
  2. "Aeropuerto con paisaje". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  3. La torre Agbar, emblema de Barcelona
  4. "Jean Nouvel frente a Gaudí". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Ficha da torre". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  6. Proxecto Torre Agbar
  7. 7,0 7,1 "01.El Géiser 01.2 Forma". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2005. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  8. "01.El Interior 04.2 Características". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2005. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  9. "01.El Géiser 01.6 Ilumínate". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2005. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  10. Los edificios mejor iluminados del planeta
  11. «La iluminación de la Torre Agbar no tiene que ser como en Las Vegas»
  12. "Vuelve la iluminación diaria a la torre Agbar". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  13. Banderolas y fiesta popular para celebrar la "capitalidad"
  14. "La torre Agbar se viste de UE". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  15. "La Torre Agbar de Barcelona se ilumina hoy de azul para sensibilizar sobre el autismo". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2013. 
  16. La nueva publicidad y la construcción antropológica de "lo urbano"[Ligazón morta]
  17. Europa concede a la Torre Agbar de Barcelona el título de "Edificio Verde"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]