Paralelepípedo


Un paralelepípedo[1] é un poliedro de seis caras, en que cada unha delas é un paralelogramo, que son paralelos e iguais dous a dous.[2]
Tipos de paralelepípedos
[editar | editar a fonte]- Un paralelepípedo oblicuo é o que ningunha das súas arestas é perpendicular ás caras.
- Un paralelepípedo recto é aquel que ten algunha das arestas perpendiculares a un par de caras. É tamén un prisma, no que as súas bases son paralelogramos.
Casos particulares
[editar | editar a fonte]- Un paralelepípedo no que todas as súas bases son rectángulos, e por iso todas as súas caras son perpendiculares a unha a outra, é un ortoedro. É un tipo particular de paralelepípedo recto.
- Un paralelepípedo no que todas as súas caras son rombos denomínase romboedro.
- Un paralelepípedo no que todas as súas bases son cadradas é un hexaedro regular ou cubo.
Paralelótopo
[editar | editar a fonte]Coxeter chamou paralelótopo á xeneralización dun paralelepípedo en dimensións máis altas. Na literatura moderna, o termo paralelepípedo utilízase a miúdo tamén en dimensións superiores (ou finitas arbitrarias).[3]
Concretamente no espazo n-dimensional chámase paralelótopo n-dimensional, ou simplemente n-paralelótopo (ou n-paralelepípedo). Así, un paralelogramo é un 2-paralelótopo e un paralelepípedo é un 3-paralelótopo.
As diagonais dun n-paralelótopo córtanse nun punto e están cortadas por este punto. A Inversión neste punto deixa o n-paralelótopo sen mudanzas. Vexa tamén Puntos fixos de grupos de isometría no espazo euclidiano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paralelepípedo.
- ↑ "paralelepípedo". Dicionario Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-24.
- ↑ Morgan, C. L. (1974). Embedding metric spaces in Euclidean space. Journal of Geometry, 5(1), 101–107. https://doi.org/10.1007/bf01954540
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paralelepípedo |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de Paralelepípedo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |