Torre Mapfre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°23′16″N 2°11′51″L / 41.387889, 2.197501

A Torre Mapfre
O Hotel Arts e a Torre Mapfre desde o parque do Putxet

A Torre Mapfre é un rañaceos da cidade de Barcelona, propiedade da aseguradora Mapfre. É, xunto coa súa torre xemelga do Hotel Arts, o edificio máis alto de Cataluña e un dos máis altos de España.

Situación[editar | editar a fonte]

A torre Mapfre atópase xunto á praia e o Port Olímpic de Barcelona, en primeira liña de mar, no distrito de Sant Martí. As torres forman parte da Vila Olímpica del Poblenou, construída con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Historia[editar | editar a fonte]

Ambos edificios foron construídos en 1992 e convertéronse así nun dos emblemas da remodelación urbanística da cidade motivada pola celebración das Olimpiadas. O conxunto formado polas dúas torres complétase coa monumental escultura Peix d'or (Peixe de ouro) de Frank Gehry. A torre do Hotel Arts foi deseñada polo grupo SOM. Detrás áchanse os xardíns de Atlanta, nos que destaca a cheminea de Can Folch, que queda como recordo do pasado industrial da zona, e un grupo de edificios en forma de elipse, obra do equipo de arquitectos Martorell, Bohigas, Mackay e Puigdomènech, o complexo urbano do que forman parten as torres. Os arquitectos que deseñaron a Torre Mapfre son Iñigo Ortiz e Enrique León.

Este rañaceos chegou a ser o segundo máis alto de España, logo da Torre Picasso de Madrid, ata que foi construído o Gran Hotel Bali, en Benidorm, que pasou a ser o máis alto. Co paso dos anos foi perdendo máis posicións, pero continúa sendo o máis alto de Barcelona e Cataluña.

Características[editar | editar a fonte]

O edificio ten 40 plantas, mide 154 metros e é visible desde toda a cidade. As fiestras do rañaceos reflicten o chan, co que adquire o aspecto dun espello xigantesco. Na planta baixa atópase un centro comercial. Como o seu propio nome indica, a torre está en gran parte ocupada polas oficinas de Mapfre, unha das maiores compañías de seguros de España, aínda que tamén alberga oficinas doutras empresas, entre outras: Madrid Leasing (Caja Madrid), URSSA Mondragón Corporación Cooperativa, Flex Advertising S.L. (Flex Multimedia Group LTD), Oriol Bohigues, Necso, Uniland Cementera S.A, Cementos Portland Valderrivas, Condal Grues, Otis España / Zardoya Otis, Texsa S.A, Dorlet, Europerfil ou Oliver Wyman.

Na súa azotea posúe un heliporto visible só desde o aire, e que é para urxencias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]