Guy de Maupassant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guy de Maupassant
Maupassant 3.jpg
Guy de Maupassant
Nome completo Henry-René-Albert-Guy de Maupassant
Nacemento 5 de agosto de 1850
  Dieppe e Tourville-sur-Arques
Falecemento 6 de xullo de 1893
  París e Passy
Causa Sífilis
Soterrado Cemiterio de Montparnasse
Nacionalidade Terceira República Francesa e Francia
Etnia Pobo francés
Alma máter Lycée Henry-IV e Lycée Pierre-Corneille
Ocupación contista, dramaturgo, xornalista, novelista e escritor
Coñecido/a por Bel Ami e Boule de Suif
editar datos en Wikidata ]
Guy de Maupassant.

Guy de Maupassant, nado en Dieppe o 5 de agosto de 1850 e finado en París o 6 de xullo de 1893, foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que retomou en 1871. En 1879 o seu pai logrou que ingresase no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Ivan Turgenev, Edmond Goncourt e Henry James.

Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de gran valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bóla de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horlá" poden ser considerados os seus contos máis significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por máis de unha década.

Foi así mesmo prologuista dalgúns autores contemporáneos seus, como por exemplo Claude Godard d'Aucourt.

Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

Está traducida ao galego parte da súa narrativa:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da obra en BiTraGa.
  2. Ficha da obra na páxina we da editorial.
  3. PDF da obra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]