Chanzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre a parte da escaleira, para os distintos niveis que serven de asento para os espectadores, véxase Bancada.
Chanzos pétreos na escaleira da Praza da Quintana, en Santiago de Compostela.

Denomínase chanzo, banzo[1] ou paso a cada unha das superficies planas de pedra, madeira ou outra materia dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar[2]. Denomínase tamén banzo a cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés. 

A parte vertical denomínase tabica ou alzada[3]. Pódense distinguir os seguintes tipos de chanzos:

  • Chanzo curvo. Aquel cuxos bordos describen unha curva.
  • Chanzo cadrado ou recto. O que ofrece igual ancho polas súas dúas caras.
  • Chanzo de abano.[4] O que pasa diagonalmente no relanzo dunha escaleira.
  • Chanzo de ángulo. O que nas voltas ou ángulos das escaleiras serve de relanzo e é por conseguinte de maior anchura que os superiores.
  • Chanzo de relanzo.[4] O que forma o rebordo dun relanzo.
  • Chanzo en declive. Aquel cuxa superficie superior está inclinada no canto de estar horizontal.
  • Chanzo en semiángulo. O que está colocado inmediatamente encima ou debaixo dos de ángulo.
  • Chanzo moldurado. O bordeado por unha moldura.
  • Chanzo con realce. O que sobrevoa a tabica.
  • Chanzo de arrancada. O máis baixo da escaleira.
  • Chanzo triangular. O que está colocado seguindo os raios dun círculo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012; Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  2. "Portal das palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  3. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  4. 4,0 4,1 Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  • Este artigo incorpora material do Diccionario enciclopédio popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914 que se atopa no dominio público.