Robert Delaunay
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1885 París, Francia |
| Morte | 25 de outubro de 1941 Montpellier, Francia |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | Gambais |
| Educación | Collège François-de-Laval (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura e arte visual |
| Lugar de traballo | París Pont-Aven España |
| Ocupación | pintor, deseñador de teatro, deseñador, artista visual |
| Xénero artístico | Arte abstracta e natureza morta |
| Movemento | Cubismo órfico, simultanism (en) |
| Alumnos | Lyonel Feininger (pt) |
| Participou en | |
| 11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
| 16 de xullo de 1955 | documenta 1 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Cónxuxe | Sonia Delaunay |
| Fillos | Charles Delaunay |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.327) The Art of The Countries and Peoples of The World. Tome 5 (en) |
Robert Delaunay, nado en París o 12 de abril de 1885 e finado en Montpellier o 25 de outubro de 1941, foi un pintor francés que utilizou o cubismo e a abstracción nos seus traballos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos seus comezos Delaunay concentrouse no impresionismo, mentres que máis adiante as súas obras foron evolucionando cara ó abstracto, reminiscencia de Paul Klee.
Cando era un neno, os pais de Delauney divorciáronse e foi criado polo seu tío, en La Ronchère (preto de Bourges). Comezou a pintar dende moi pequeno: no ano 1903 xa producía as súas obras de arte impresionista.
En 1908, despois do servizo militar, coñeceu a Sonia Delaunay, coa que máis tarde casou aínda que nesa época estaba casada cun alemán.
En 1909, Delaunay comezou a pintar unha serie sobre a cidade de París e a Torre Eiffel. Ó ano seguinte casou con Terk e instaláronse nun estudio na cidade de París, onde máis tarde tiveron un fillo.
Como invitación de Wassily Kandinsky, Delaunay uniuse en 1911 ó Der Blaue Reiter, un grupo de arte abstracta situado na cidade de Muníc, e os seus traballos evolucionaron cara ao abstracto.
O estoupido da primeira guerra mundial colleu a Delaunay e a súa dona de vacacións en España, o que fixo que, xunto cuns amigos, instaláranse en Portugal durante a guerra. Neste período, a parella fixo varios traballos como os deseños dos traxes da Ópera de Madrid, e Sonia Delaunay comezou o seu negocio de deseño.
Despois da guerra, en 1921, volveron a París. Delaunay continuou traballando no seu estilo abstracto. Durante a Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (1937), en París, Delaunay participou no deseño das liñas do tren e dos pavillóns do aire.
Cando estourou a segunda guerra mundial, a familia Delaunay mudouse á Auverña, intentando evita-las invasións das tropas alemás. Sufrindo de cancro, a saúde de Delaunay deteriorouse morrendo o 25 de outubro de 1941, en Montpellier.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Delaunay |