A Grade Exposición dos Traballos de Industria de Todas as Nacións, coñecida como a Grande Exposición ou a Exposición do Pazo de Cristal foi unha exposición internacional que tivo lugar en Hyde Park, Londres, do 1 de maio ao 15 de outubro de 1851. Foi a primeira dunha serie de feiras ou exposicións culturais e industriais que se popularizaron no século XIX. O evento foi organizado por Henry Cole e o príncipe Alberte, marido de Vitoria, raíña do Reino Unido.