Susanne Börner
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1980 |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Mannheim. Universidade de Heidelberg. |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | historiadora |
Premios | |
(2021): Premio da GIG. |
Susanne Börner, nada en Mannheim o 4 de setembro de 1980, é unha numismática e arqueóloga alemá, especializada na moeda da Antiguidade, fundamentalmente a imperial romana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Susanne Börner naceu en Mannheim o 4 de setembro de 1980. En 2000 comezou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica, e Historia Medieval e Moderna nas Universidades de Mannheim e de Heidelberg. En 2005 graduouse no seu mestrado cun traballo titulado "Interpretación grega dos soños e oráculos oníricos na antigüidade".[1]
En 2006 traballou no Museo Histórico do Palatinado, en Espira, e desde ese ano ata 2010 foi asistente científica da Academia de Ciencias e Humanidades de Heidelberg.[1]
En 2011 acadou o seu doutoramento na Universidade de Heidelberg cunha tese titulada "Marco Aurelio en Espira no espello das súas moedas e dos seus medallóns; análise comparativa das cuñaxes da cidade romana entre 138 e 180 d. C.", baixo a dirección dos profesores Stupperich e Hölscher, que foi publicada o ano seguinte.[2] Ese mesmo 2011 accedeu á cátedra de Numismática Antiga da Universidade de Oldemburgo.[1]
Desde 2015, Börner participa e coordina diversos proxectos de estudo e investigación en institucións como o Centro de Numismática Antiga de Heidelberg, a Rede Numismática de Baden-Württemberg, a Fundación Fritz Thyssen, a Universidade de Oldemburgo, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Renania-Palatinado ou a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña. En 2018 foi nomeada voceira adxunta da Rede KENOM (siglas de "indexación e uso cooperativo de datos de obxectos de coleccións de moedas" en alemán).[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2005): Premio Artes Liberais AbsolventUM.[1]
- (2021): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, da GIG.[1][3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das publicacións máis salientables de Susanne Börner.[4]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (2012). Marc Aurel im Spiegel seiner Münzen und Medaillons. Eine vergleichende Analyse der stadtrömischen Prägungen zwischen 138 und 180 n. Chr., Dr. Rudolf Habelt GmbH, Bonn. ISBN 9783774937697
- (2013). Geld regiert die Welt. Münzfunde aus Schwarzenacker. Homburg-Schwarzenacker Stiftung Römermuseum Homburg-Schwarzenacker, Homburg/Saar. ISBN 9783981582109
Artigos e colaboracións
[editar | editar a fonte]- (2021). "NumiScience.de: Münzen als Online-Quelle für den Unterricht". Heidelberg School of Education.
- (2021). "Die e-Learning-Plattform NumiScience.de des Numismatischen Verbundes in Baden-Württemberg" (con S. Preiswerk). En Zeitarbeit, 3. Páxinas 1-7
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg.
- ↑ Véxase (2012) en "Publicacións".
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Börner, Susanne". WorldCat Identities.