Super Rugby
Super Rugby | |
---|---|
Fundación | 1996 |
Rexión | Hemisferio Sur (SANZAR)![]() ![]() |
Equipos | 18 |
Actual campión | ![]() |
Máis laureado | ![]() |
Televisión | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sitio web | www.superrugby.com |
Super Rugby 2016 |
O Super Rugby (tamén chamado Super 15, e antigamente Super 14 e Super 12) é o campionato de clubs de rugby máis importante do hemisferio Sur. A liga tivo as súas orixes no Campionato do Pacífico Sur de 1992, e formábana orixinariamente seis equipos. Destes, tres eran de Nova Zelandia (Canterbury, Wellington e Auckland) un de Queensland, un de Nova Gales do Sur e un de Fidxi. Logo o torneo expandiuse a dez equipos, pertencentes a Nova Zelandia, Australia e Suráfrica.
Estas tres nacións dominaron entre 1991 e 1995 as copas mundiais. Trala Copa do Mundo de 1995, crearon unha organización chamada SANZAR para organizaren, en 1996, a liga profesional Super 12, posteriormente ampliada a catorce equipos. A liga converteuse nunha das máis famosas e competitivas. Os Crusaders, un dos equipos partipantes deste torneo, gañouno en sete ocasións.
No ano 2016 a competición contou con 18 franquías participantes: 6 de Suráfrica, 5 de Australia, 5 de Nova Celandia, 1 da Arxentina e 1 do Xapón. Destes 18 equipos, 2 debutaron na competición na edición de 2016. Deses 2 equipos un é da Arxentina e outro do Xapón.
Índice
Formato[editar | editar a fonte]
O campionato está formado por dúas fases. A fase de liga regular comeza a finais de febreiro e remata en xullo despois de 17 xornadas. A fase de eliminatorias polo título comeza de seguido con oito equipos, e remata cunha gran final o primeiro fin de semana de agosto.
Liga regular[editar | editar a fonte]
Coa ampliación do torneo a 18 equipos, en 2016 estréase un novo formato de liga regular. Os equipos estarán agrupados por razóns xeográficas en dous grupos: "Grupo Australasia" (cos 5 equipos de Nova Zelandia e os 5 de Australia) e "Grupo Suráfrica" (co equipo arxentino e o xaponés mailos 6 equipos surafricanos).
O "Grupo Australasia" estará dividido en dúas conferencias: "Conferencia Australia" (5 equipos) e "Conferencia Nova Zelandia" (5 equipos). O equipo que remate en primeira posición en cada conferencia estará automaticamente clasificado para cuartos de final.
O "Grupo Suráfrica" tamén estará dividido en dúas conferencias: "Conferencia África 1" (3 equipos surafricanos e 1 xaponés) e "Conferencia África 2" (3 equipos surafricanos e 1 arxentino). O equipo que remate en primeira posición en cada conferencia estará automaticamente clasificado para cuartos de final.
Os outros catro equipos que completarán os cuartos de final serán os que teñan maior puntuación. Tres sairán do "Grupo Australasia" e un do "Grupo Suráfrica". Os encontros de cuartos de final terán lugar nos campos dos equipos campións de conferencia.
Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
1º de conferencia. 1º por puntos | ||||||||||
4º só por puntos | ||||||||||
Gañador 1º-4º | ||||||||||
Gañador 4º-1º | ||||||||||
1º de conferencia. 4º por puntos | ||||||||||
1º só por puntos | ||||||||||
Gañador en semifinais | ||||||||||
Gañador en semifinais | ||||||||||
1º de conferencia. 2º por puntos | ||||||||||
3º só por puntos | ||||||||||
Gañador 2º-3º | ||||||||||
Gañador 3º-2º | ||||||||||
1º de conferencia. 3º por puntos | ||||||||||
2º só por puntos | ||||||||||
Equipos[editar | editar a fonte]
De seguido as 18 franquías que competirán na tempada 2016 do Super Rugby. Dúas delas son de nova creación e debutarán o vindeiro ano. Unha delas é arxentina e outra xaponesa. As restantes 16 franquías xa teñen competido na máxima competición do hemisferio sur. Das 18 franquías, oito delas acadaron o campionato cando menos 1 vez (Crusaders, Blues, Bulls, Brumbies, Reds, Waratahs, Chiefs e Highlanders):
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Situación xeográfica dos 16 equipos de Suráfrica, Australia e Nova Zelandia. Os outros 2 equipos debutantes son de Bos Aires e Toquio.
Finais[editar | editar a fonte]
As finais dispútanse no estadio elixido polo equipo finalista que mellor clasificación tivo dos dous na tempada regular. Auckland e Christchurch acolleron 4 finais, Canberra outras 3, Hamilton e Wellington 2, e as demais foron en Sidney, Durban, Soweto, Dunedin, Pretoria, Brisbane e Xohanesburgo. A maior anotación dun equipo nunha final son os 61 puntos que anotaron os Bulls na final de 2009, e a menor anotación son os 6 puntos que anotaron Sharks nas finais de 2001 e 2012:
Equipo | Campión | Finalista |
---|---|---|
![]() |
8 | 4 |
![]() |
3 | 1 |
![]() |
3 | - |
![]() |
2 | 4 |
![]() |
2 | 1 |
![]() |
1 | 2 |
![]() |
1 | 2 |
![]() |
1 | 1 |
![]() |
1 | - |
![]() |
- | 4 |
![]() |
- | 2 |
![]() |
- | 1 |
Récords[editar | editar a fonte]
|
|
- En letra grosa xogadores en activo.
Historia[editar | editar a fonte]
Antes do profesionalismo[editar | editar a fonte]
- Entre 1986 e 1991 (South Pacific Championship)
En 1986 comezou a disputarse un torneo chamado South Pacific Championship integrado por 6 equipos, 3 deles de provincias neozelandesas (Auckland RFU, Canterbury RFU e Wellington RFU), outros 2 australianos (un do estado de Nova Gales do Sur e outro do estado de Queensland), e un equipo representativo de Fidxi. A orixe deste torneo estivo na idea que tiveron na federación de Nova Gales do Sur de crear unha competición na que puidesen enfrontarse os equipos de Nova Gales do Sur e Queensland entre si e con outros equipos, nun intento de competir coa popularidade que tiñan as competicións de rugby league nese momento en Australia, xa que a NRL estaba nun proceso de expansión fora da cidade de Sydney. Auckland RFU e Canterbury RFU foron os primeiros convidados a competir neste torneo por seren os equipos máis potentes da NPC. Wellington RFU foi convidado despois, xa que o equipo tamén era bo e ademais a cidade tiña un aeroporto importante. Finalmente foi convidada a federación de Fidxi xa que daquela era a selección máis importante das illas do Pacífico. Os resultados finais deron como resultado os seguintes campións:
- 1986 Auckland
- 1987 Título compartido: Canterbury e Auckland
- 1988 Auckland
- 1989 Auckland
- 1990 Auckland
- 1991 Non se disputou
- En 1992 (Super 6)
Despois de non disputarse o torneo en 1991, este foi relanzado en 1992 cos mesmos participantes, pero cunha nova denominación: Super 6. O campión final foi Queensland.
- Entre 1993 e 1995 (Super 10)
Trala desaparición do aparato legal do Apartheid en Suráfrica entre 1990 e 1991, en 1992 a Selección de rugby de Suráfrica foi readmitida nas competicións internacionais. Os Wallabies e os All Blacks fixeron un tour por Suráfrica nese mesmo ano, e as federacións de ámbolos dous países (Nova Zelandia e Australia) viron a oportunidade de expandir a competición incluíndo ós equipos das provincias máis potentes de Suráfrica. Unha canle deportiva surafricana ofreceu un contrato televisivo moi importante para 3 anos, e a ampliación levouse a cabo. Os participantes no torneo serían:
- Os equipos representativos de Nova Gales do Sur e Queensland por Australia.
- Os 3 primeiros clasificados na Currie Cup por Suráfrica.
- O campión do torneo "3 Nacións do Pacífico" que disputaban Tonga, Fidxi e Samoa.
- Os 4 primeiros clasificados na NPC por Nova Zelandia.
En 1993 participaron no Super 10 os conxuntos neozelandeses de Auckland, Otago, North Harbour e Waikato; os australianos de Queensland e Nova Gales do Sur; os surafricanos de Natal, Transvaal e Northern Transvaal; e o conxunto de Western Samoa. A final enfrontou a Transvaal e a Auckland, vencendo o equipo surafricano por 20 a 17.
En 1994 participaron Queensland e Nova Gales do Sur por Australia; North Harbour, Otago, Auckland e Waikato por Nova Zelandia; Transvaal, East Province e Natal por Suráfrica; ademais de Western Samoa. Nesta ocasión o equipo representativo de Queensland venceu ó de Natal na final por 21 a 10.
En 1995 participaron Transvaal, Western Province e Free State por Suráfrica; Nova Gales do Sur e Queensland por Australia; Otago, North Harbour, Auckland e Canterbury por Nova Zelandia; e Tonga. A final enfrontou a Queensland con Transvaal, sendo o resultado da final 30-16 a prol do conxunto australiano.
Profesionalismo e SANZAR[editar | editar a fonte]
No mes de Agosto do ano 1995 foi proclamado oficialmente o profesionalismo do rugby pola IRB. Tra-lo éxito da Copa do Mundo de Rugby 1995, as federacións nacionais de rugby de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica xuntáronse para estudar a reestruturación do campionato, e crearon un novo organismo chamado SANZAR, encargado de artellar o novo torneo, cun novo formato. Na mesma xuntanza decidiuse crear un novo torneo internacional chamado Tri Nations que cada ano enfrontaría ás tres seleccións nacionais, e que tamén sería artellado pola SANZAR. Pouco despois a SANZAR chegou a un acordo coa empresa News Limited, pertencente a Rupert Murdoch, coa que asinou un contrato de 10 anos polos dereitos televisivos da nova competición a cambio de 555 millóns de dólares.
O novo torneo, 100% profesional, estaría composto por 12 equipos representativos de provincias ou estados de Australia, Suráfrica e Nova Zelandia. Estes foron o 12 equipos que formarían parte da primeira edición do torneo Super 12:
- Por Suráfrica (4): Western Province, Northern Transvaal, Transvaal e Natal Sharks.
- Por Australia (3): Queensland Reds, NSW Waratahs e ACT Brumbies.
- Por Nova Zelandia (5): Auckland Blues, Waikato Chiefs, Otago Highlanders, Wellington Hurricanes e Canterbury Crusaders.
Super 12[editar | editar a fonte]
Véxase:
- Super 12 1996
- Super 12 1997
- Super 12 1998
- Super 12 1999
- Super 12 2000
- Super 12 2001
- Super 12 2002
- Super 12 2003
- Super 12 2004
- Super 12 2005
Super 14[editar | editar a fonte]
Véxase:
Super Rugby[editar | editar a fonte]
Véxase:
- Super Rugby 2011
- Super Rugby 2012
- Super Rugby 2013
- Super Rugby 2014
- Super Rugby 2015
- Super Rugby 2016
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Super Rugby |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Rugby
- SANZAR
- Tri Nations
- Selección de rugby de Suráfrica
- Selección de rugby de Australia
- Selección de rugby de Nova Zelandia
- Selección de rugby de Arxentina
- Selección de rugby do Xapón
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|