Crusaders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crusanders
Nome completo Canterbury Crusanders
Alcume(s)
Fundación 1996
Localización Christchurch, Nova Zelandia Flag of New Zealand.svg
Estadio(s) Christchurch Stadium
Capacidade 18.600
Presidente
Adestrador Flag of New Zealand.svg Todd Blackadder
Capitán Flag of New Zealand.svg Kieran Read
Máx. Anotador Dan Carter (1.708)
Máis ensaios
Liga Super Rugby
Tempada 2015
Posición
[www.crusaders.co.nz Páxina web oficial]
Na súa casa
Fóra

Os Crusaders, tamén coñecidos como Canterbury Crusaders, son un equipo de rugby neozelandés da cidade de Christchurch que compite no torneo Super Rugby, sendo o equipo máis laureado da competición. O equipo representa aos equipos provinciais de Buller, Canterbury, Mid-Canterbury, South Canterbury, Tasman e West Coast.

Estadio[editar | editar a fonte]

O antigo AMI Stadium, hoxe desaparecido.
Novo AMI Stadium.

Os Crusaders xogan os seus encontros como locais no AMI Stadium, chamado Lancaster Park dende que se construíu en 1881 ata 1998, e despois chamado Jade Stadium ata 2007. A capacidade do AMI Stadium é dunhas 38.600 persoas. Os Crusaders comparten o estadio co seu dono orixinal, o equipo Canterbury RFU da ITM Cup.

Este estadio foi orixinalmente construído para acoller encontros de cricket, razón pola cal ten forma circular.

O AMI Stadium foi escollido para que se disputasen nel algúns dos encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que Nova Zelandia organizará a partir do 9 de setembro do 2011, pero en febreiro de 2011 un terremoto de 6'3º na escala de Richter sacudiu a cidade de Christchurch, deixando 145 persoas mortas e moitos danos na estrutura do estadio, facendo que fose imposible a disputa de calquera tipo de evento deportivo nel. Os Crusaders tiveron entón que xogar tódolos seus encontros fora de Christchurch, a maioría deles no estadio Trafalgar Park da localidade de Nelson. Os 7 encontros que o estadio ía acoller no mundial de rugby foron repartidos por outros estadios do país, e as obras de restauración non remataron ata o ano 2012.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Daniel Carter que xogou no equipo ata 2015, a piques de patear unha conversión.

Estes son os xogadores que van compoñer o equipo dos Crusaders na tempada 2016. Actualmente as estrelas do equipo son o número 8 Kieran Read, capitán dos Crusaders e o flanker Richie McCaw, capitán dos All Blacks:

1ª Liña

Talonadores

2ª Liña

 

3ª Liña

Medios Melé

Aperturas

 

Centros

Ás

Zagueiros

  • En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os Crusaders compiten representando a un territorio da Illa Sur composto por 6 Unions provinciais.

A traxectoria dos Crusaders no Super Rugby é a máis exitosa de tódolos 18 equipos que compiten no torneo de rugby punteiro no Hemisferio Sur. A pesares de comezar as súas participacións no torneo quedando no último posto no Super 12 1996, nos seguintes anos os Crusaders creceron ata acadar 7 títulos, nos anos 1998, 1999, 2000, 2002, 2005, 2006 e 2008, ademais de 4 subcampionatos, nos anos 2003, 2004, 2011 e 2014.

Tempada Xog. Gañ. Emp. Per. PUNTOS Temp.Regular PlayOffs
2016
2015 16 9 0 7 46
2014 16 11 0 5 51 FINALISTA
2013 16 11 0 5 60 SEMIFINALISTA
2012 16 11 0 5 61 SEMIFINALISTA
2011 16 11 1 4 61 FINALISTA
2010 13 8 1 4 41 SEMIFINALISTA
2009 13 8 1 4 41 SEMIFINALISTA
2008 13 11 0 2 52 CAMPIÓN
2007 13 8 0 5 42 SEMIFINALISTA
2006 13 11 1 1 51 CAMPIÓN
2005 11 9 0 2 44 CAMPIÓN
2004 11 7 0 4 34 FINALISTA
2003 11 8 0 3 40 FINALISTA
2002 11 11 0 0 51 CAMPIÓN
2001 11 4 0 7 23 10º
2000 11 8 0 3 39 CAMPIÓN
1999 11 7 1 3 33 CAMPIÓN
1998 11 8 0 3 41 CAMPIÓN
1997 11 5 1 5 26
1996 11 2 1 8 13 12º

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]