Hamilton, Nova Zelandia
| Kirikiriroa (mi) Hamilton (en) | ||||
| Epónimo | John Hamilton | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
| Rexión | Waikato | |||
| Distrito | Hamilton City (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 176.500 (2020) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 110,8 km² | |||
| Altitude | 40 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 07 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | hamilton.govt.nz… | |||
Hamilton é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, cunha poboación estimada duns 169.300 habitantes (2018), o que fai dela a cuarta cidade máis grande do país, por detrás de Auckland, Wellington e Christchurch. A cidade está situada na rexión de Waikato, na beira do Lago Rotorua, a uns 130 quilómetros ó sur de Auckland.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros misioneiros que visitaron a zona fixérono polo ano 1830. Unhas décadas despois, en 1863, cando os primeiros colonos occidentais se asentaron na zona, a maioría dos 3.400 maorís que vivían alí deixaron os seus fogares para loitar fronte ós británicos nas liortas que tiñan lugar mais ó oeste. Unha vez rematas as Guerras Maorís (1845-1872), comezou a construción do ferrocarril que xuntaba Hamilton con Auckland, inaugurado en 1877. Dous anos despois estreouse a primeira ponte sobre o río Hamilton, para unir Hamilton East con Hamilton West.
Aínda que a cidade naceu no seu tempo como un centro de servizos para unha rexión agrícola, co tempo acabou converténdose nunha cidade universitaria cuns 40.000 estudantes, na que ten moita importancia a investigación científica e tecnolóxica.
Actualmente Hamilton ten 3 universidades. A Universidade de Waikato inaugurouse en 1964, o Instituto de Tecnoloxía de Waikato en 1968, e a Te Wānanga o Aotearoa en 1993.
Demografía
[editar | editar a fonte]Os 203.400 habitantes da cidade son o 65'3% descendentes de europeos, o 19'9% maorís, o 10'6% descendentes de asiáticos orientais, e o resto son descendentes de diversas etnias do Pacífico, África, Oriente Medio, India etc.
Deporte
[editar | editar a fonte]Na cidade de Hamilton, ó igual que no resto do país, o rugby é o deporte máis importante. O Waikato Rugby Union disputa cada ano a ITM Cup (liga neozelandesa de rugby), acadando a vitoria nos anos 1992 e 2006. Por outra banda, os Waikato Chiefs compiten no torneo Super Rugby (máxima competición de rugby do Hemisferio Sur) dende 1996, acadando o subcampionato no ano 2009. Ámbolos dous equipos xogan como locais no Waikato Stadium, que pode acoller a 30.000 seareiros, e no cal se disputaron tres encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Turismo en Hamilton e Waikato Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina da cidade de Hamilton Arquivado 03 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina de información turística Arquivado 10 de xuño de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina do xornal Waikato Times (en inglés)
