Top 14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Top 14
Fundación1892; hai 131 anos
País Francia
Equipos14
DescensoRugby Pro D2
Actual campiónStade Toulousain (21º título)
Último campión187
Máis laureadoStade Toulousain (21 títulos)
OrganizadorLigue nationale de rugby
DataDe agosto a xuño
Sitio weblnr.fr/rugby-top-14

O Top 14 (Pronunciación francesa: ​[tɔp katɔʀz]) é unha competición profesional de clubs de rugby de Francia. É a máxima categoría francesa e está xestionada pola Ligue nationale de rugby (LNB), a xestora do rugby profesional galo. O nome de Top 14 é debido ao número de equipos que participan no torneo, os cales poden descender e promocionar desde a categoría inmediatamente inferior, o Rugby Pro D2. Anteriormente, a categoría era coñecida como Top 16, adoptando o seu actual número de equipos en 2005.

Fundada en 1892, a primeira final da competición tivo lugar entre dous equipos de París, o Stade Français e o Racing Club de France, únicos dous equipos que participaron esa temporada. Así, o Racing foi o primeiro campión de Francia. Desde aquela, a competición é celebrada anualmente coas excepecións de entre 1915 e 1919 pola primeira guerra mundial e 1940 e 1942 pola segunda. O equipo con máis títulos do campionato é o Toulouse con 21, seguido do Stade Français con 14 e o AS Béziers Hérault con 11.

Historia[editar | editar a fonte]

O Campionato francés de rugby existe dende o ano 1892. O primeiro campión foi o club parisiense do Racing Club de France, actualmente coñecido coma Racing Métro 92, vencendo na final ao Stade Français París nun encontro arbitrado por Pierre de Coubertin, quen catro anos despois sería o primeiro presidente do Comité Olímpico Internacional. Durante os seguintes anos a competición foi dominada por estes dous equipos. En 1899 o torneo incluíu equipos de fóra de París por vez primeira, resultando gañador o Stade Bordelais de Bordeos, nunha final que tamén por vez primeira foi xogada fóra de París. Na primeira década do século XX os dous equipos dominantes foron o Stade Bordelais (5 títulos) e o Stade Français (3 títulos). En 1910 a Selección de rugby de Francia foi incluída por vez primeira no Torneo das Seis Nacións grazas ó nivel acadado por aquel entón polos xogadores franceses.

Nos anos anteriores á primeira guerra mundial a Ligue Nationale de Rugby viu como o dominio da competición pasaba aos equipos da metade sur de Francia que dominarían no futuro o palmarés da competición. Stade Toulousain acadou a súa primeira liga en 1912, Aviron Bayonnais en 1913, e USA Perpignan en 1914. A liga detívose entre 1914 e 1920, e cando retornou, os equipos parisienses xa non tiñan o nivel abondo para loitar cos equipos do sur de Francia. Stade Toulousain gañou cinco campionatos na década de 1920, por dous títulos do USA Perpignan.

Na década de 1930 houbo oito campións distintos, entre eles Biarritz Olympique e SU Agen. Neses anos as finais xogábanse sempre nas cidades de Tolosa e Bordeos, reflexo do poder que o sur de Francia tiña neste deporte. En 1932 a Selección de rugby de Francia foi expulsada do Torneo das Seis Nacións polas sospeitas de profesionalismo no campionato francés nun rugby que daquela aínda era afeccionado. Por mor da segunda guerra mundial, o campionato francés detívose de novo entre 1939 e 1943. Cando a competición volveu, as finais tamén volveron,durante catro anos, ao Parc des Princes de París. Na década de 1950 vivíuse o dominio do Football-Club de Lourdes, que acadou sete campionatos até 1960. O nivel da LNR demóstrase na primeira vitoria da Selección de rugby de Francia en 1954 no Torneo das Seis Nacións (readmitida en 1947). Naquela época Tolosa acollía a metade das finais disputadas, sendo a outra metade repartida entre Bordeos e Lión. Isto foi así ata 1974, cando as finais foron oficial e definitivamente levadas a París e a Saint-Denis.

Entre 1971 e 1984 o AS Béziers dominou totalmente o torneo e gañou dez ligas, que sumadas ao primeiro título do equipo en 1961, fixeron que o equipo de Béziers acadase o primeiro posto no palmarés da competición. Armand Vaquerin, membro daquel AS Béziers, conseguiu un total de dez títulos. Na segunda metade da década de 1980 comezou o dominio do Stade Toulousain na competición, acadando 9 ligas entre 1985 e 2001. Os anos 90 confirmaron a definitiva resurrección dos equipos de París. Racing Club de France gañou a liga en 1990, primeiro título dende 1959 e segundo dende 1902. Stade Français París gañou o títulos de 1998 despois de 90 anos dende o seu anterior triunfo. Mais adiante repetiu en 2000, 2003, 2004 e 2007.

Actualmente o club que máis títulos ten é o Stade Toulousain, seguido do Stade Français e o AS Béziers. Desde 1995, ano no cal a IRB (actual World Rugby) proclamou a profesionalización do rugby, os clubs que competían nas máximas categorías da liga francesa (Ligue Nationale de Rugby ou LNR) organizáronse para formar unha competición 100% profesional no país. Nos seguintes anos fixéronse moitas modificacións no formato do torneo, que en 2000 foi bautizado como Top 16, e que desde o ano 2005 funciona co formato actual e o nome actual (Top 14).

Formato[editar | editar a fonte]

A competición preséntase baixo o formato de liga a dobre volta, onde cada equipo enfróntase cos outros 13 dúas veces, unha como local e outra como visitante, completando un total de 26 xornadas. Para mellorar o espectáculo importouse o sistema de puntuación do Super Rugby, de xeito que os puntos cóntanse do xeito seguinte: 4 puntos por unha vitoria, 2 puntos por un empate, 0 por unha derrota e 1 punto por cada equipo que marca máis de catro ensaios nun encontro (bonus ofensivo) e un punto para os equipos que perden por oito puntos ou menos (bonus defensivo). Os 6 mellores equipos enfróntanse na fase de eliminatorias polo título. A final dispútase cada ano no Stade de France de París dende 1998 diante duns 80.000 seareiros. O trofeo que simboliza a vitoria é o Bouclier de Brennus (Escudo de Brennus). Os dous últimos equipos da táboa descenden de categoría, deixando o Top 14 polo Pro D2. Cada tempada está composta por un total de 187 encontros.

Os 6 primeiros equipos da táboa acadan o dereito a disputar a Copa de Campións Europea de Rugby na seguinte tempada. A competitividade deste torneo demóstrase no feito de que os equipos do Top 14 teñen chegado en case 20 edicións á final, acadando 8 campionatos, nos anos 2010, 2005, 2003, 1997 e 1996. A tempada 2010-2011 do Top 14 tivo unha asistencia media ós estadios de 15.119 persoas, por 13.959 da tempada 2009-2010, e 12.735 da tempada 2008-2009. Isto é posible grazas á nova costume dos principais equipos de disputar os seus encontros de máxima rivalidade en estadios de moita maior capacidade que os habituais.

Nos últimos anos, numerosos xogadores procedentes do estranxeiro sumáronse ós equipos do Top 14. Dende a tempada 2017-2018 mudousre o sistema da liga. Estas mudanzas centráronse no sistema de descenso do Top 14 á Pro D2. A partir dese ano, o pechacancelas do Top 14 descende directamente á segunda categoría do rugby francés, sendo substituído polo campión desa competición. No entanto, o penúltimo equipo da liga ten que disputar un play-off co subcampión do Pro D2. O vencedor desa eliminatoria formará parte da seguinte tempada do Top 14.

Equipos[editar | editar a fonte]

Os seguintes foron os equipos do Top 14 para a temporada 2021−22.

Uniformes















Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Campión Finalista
Stade Toulousain 21 7
Stade Français 14 9
AS Béziers 11 4
SU Agen 8 6
FC Lourdes 8 3
USA Perpignan 7 9
Stade Bordelais 7 5
Racing 92 6 7
Biarritz Olympique 5 3
Castres Olympique 5 2
RC Toulon 4 9
Aviron Bayonnais 3 4
Section Paloise 3 0
ASM Clermont Auvergne 2 12
Stadoceste Tarbais 2 3
RC Narbonne 2 3
Lyon OU 2 1
CA Bègles 2 1
Stade Montois 1 3
US Quillan 1 2
Olympique de Pantin 1 1
FC Grenoble 1 1
CS Vienne 1 0
La Voulte Sportif 1 0
US Montauban 1 0
US Carmaux 1 0
FC Lyon 1 0
US Dax 0 5
CA Brive 0 4
Stade Bagnérais 0 2
SCUF 0 2
Montpellier HR 0 2
US Carcassonne 0 1
FC Lézignan 0 1
US Cognac 0 1
SC Mazamet 0 1
Nice UR 0 1
CS Bourgoin-Jallieu 0 1
US Colomiers 0 1
Stade Rochelais 0 1
Final do Top 14 de 2007 no Stade de France: En amarelo o ASM Clermont. En azul o Stade Français.
Debuxo que representa a primeira final da liga francesa de rugby, entre o Stade Français e o Racing Club de France en 1892.
Tempada CAMPIÓN Resultado Subcampión Estadio
2021 Stade Toulousain 18 - 8 Stade Rochelais Stade de France, Saint Denis
2020 Vacante Vacante Non se disputou
2019 Stade Toulousain 24 - 18 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
2018 Castres Olympique 29 - 13 Montpellier Hérault RC Stade de France, Saint Denis
2017 ASM Clermont Auvergne 22 - 16 RC Toulon Stade de France, Saint Denis
2016 Racing 92 29 - 21 RC Toulon Camp Nou, Barcelona
2015 Stade Français 12 - 6 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
2014 RC Toulon 18 - 10 Castres Olympique Stade de France, Saint Denis
2013 Castres Olympique 19 - 14 RC Toulon Stade de France, Saint Denis
2012 Stade Toulousain 18 - 12 RC Toulon Stade de France, Saint Denis
2011 Stade Toulousain 15 - 10 Montpellier Hérault RC Stade de France, Saint Denis
2010 ASM Clermont Auvergne 19 - 6 USA Perpignan Stade de France, Saint Denis
2009 USA Perpignan 22 - 13 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
2008 Stade Toulousain 26 - 20 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
2007 Stade Français París 23 - 18 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
2006 Biarritz Olympique 40 - 13 Stade Toulousain Stade de France, Saint Denis
2005 Biarritz Olympique 37 - 34 Stade Français París Stade de France, Saint Denis
2004 Stade Français París 38 - 20 USA Perpignan Stade de France, Saint Denis
2003 Stade Français París 32 - 18 Stade Toulousain Stade de France, Saint Denis
2002 Biarritz Olympique 25 - 22 SU Agen Stade de France, Saint Denis
2001 Stade Toulousain 34 - 22 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
2000 Stade Français París 28 - 23 US Colomiers Stade de France, Saint Denis
1999 Stade Toulousain 15 - 11 ASM Clermont Auvergne Stade de France, Saint Denis
1998 Stade Français París 34 - 7 USA Perpignan Stade de France, Saint Denis
1997 Stade Toulousain 12 - 6 CS Bourgoin-Jallieu Parc des Princes, París
1996 Stade Toulousain 20 - 13 CA Brive Parc des Princes, París
1995 Stade Toulousain 31 - 16 Castres Olympique Parc des Princes, París
1994 Stade Toulousain 34 - 22 ASM Clermont Auvergne Parc des Princes, París
1993 Castres Olympique 14 - 11 Football Club Grenoble Parc des Princes, París
1992 RC Toulon 19 - 14 Biarritz Olympique Parc des Princes, París
1991 Burdeos-Bègles 19 - 10 Stade Toulousain Parc des Princes, París
1990 Racing Club de France 22 - 12 SU Agen Parc des Princes, París
1989 Stade Toulousain 18 - 12 RC Toulon Parc des Princes, París
1988 SU Agen 9 - 3 Stadoceste Tarbais Parc des Princes, París
1987 RC Toulon 15 - 12 Racing Métro 92 Parc des Princes, París
1986 Stade Toulousain 16 - 6 SU Agen Parc des Princes, París
1985 Stade Toulousain 36 - 22 RC Toulon Parc des Princes, París
1984 AS Béziers 21 - 21 SU Agen Parc des Princes, París
1983 AS Béziers 14 - 6 RC Niza Parc des Princes, París
1982 SU Agen 18 - 9 Aviron Bayonnais Parc des Princes, París
1981 AS Béziers 22 - 13 Stade Bagnérais Parc des Princes, París
1980 AS Béziers 10 - 6 Stade Toulousain Parc des Princes, París
1979 RC Narbonne 10 - 0 Stade Bagnérais Parc des Princes, París
1978 AS Béziers 31 - 9 ASM Clermont Auvergne Parc des Princes, París
1977 AS Béziers 12 - 4 USA Perpignan Parc des Princes, París
1976 SU Agen 13 - 10 AS Béziers Parc des Princes, París
1975 AS Béziers 31 - 12 CA Brive Parc des Princes, París
1974 AS Béziers 16 - 14 RC Narbonne Parc des Princes, París
1973 Stadoceste Tarbais 31 - 16 Union Sportive Daquoise Stadium Municipal, Tolosa
1972 AS Béziers 9 - 0 CA Brive Stade Gerland, Lión
1971 AS Béziers 15 - 9 RC Toulon Parc Lescure, Bordeos
1970 La Voulte Sportif 3 - 0 ASM Clermont Auvergne Stadium Municipal, Tolosa
1969 Burdeos-Bègles 11 - 9 Stade Toulousain Stade Gerland, Lión
1968 Football-Club de Lourdes 9 - 9 RC Toulon Stadium Municipal, Tolosa
1967 Union Sportive Montauban 11 - 3 Burdeos-Bègles Parc Lescure, Bordeos
1966 SU Agen 9 - 8 Union Sportive Daquoise Stadium Municipal, Tolosa
1965 SU Agen 15 - 8 CA Brive Stade Gerland, Lión
1964 Section Paloise 14 - 0 AS Béziers Stadium Municipal, Tolosa
1963 Stade Montois 9 - 6 Union Sportive Daquoise Parc Lescure, Bordeos
1962 SU Agen 14 - 11 AS Béziers Stadium Municipal, Tolosa
1961 AS Béziers 6 - 3 Union Sportive Daquoise Stade de Gerland, Lión
1960 Football-Club de Lourdes 14 - 11 AS Béziers Stadium Municipal, Tolosa
1959 Racing Métro 92 8 - 3 Stade Montois Parc Lescure, Bordeos
1958 Football-Club de Lourdes 25 - 8 Sporting-Club Mazamet Stadium Municipal, Tolosa
1957 Football-Club de Lourdes 16 - 3 Racing Métro 92 Stade de Gerland, Lión
1956 Football-Club de Lourdes 20 - 0 Union Sportive Daquoise Stadium Municipal, Tolosa
1955 USA Perpignan 20 - 11 Football-Club de Lourdes Parc Lescure, Bordeos
1954 Football-Club Grenoble 5 - 3 Union Sportive Cognac Stadium Municipal, Tolosa
1953 Football-Club de Lourdes 20 - 16 Stade Montois Stadium Municipal, Tolosa
1952 Football-Club de Lourdes 20 - 11 USA Perpignan Stadium Municipal, Tolosa
1951 Union Sportive Carmaux 14 - 12 Stadoceste Tarbais Stadium Municipal, Tolosa
1950 Castres Olympique 11 - 8 Racing Club de France Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1949 Castres Olympique 14 - 3 Stade Montois Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1948 Football-Club de Lourdes 11 - 3 RC Toulon Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1947 Stade Toulousain 10 - 3 SU Agen Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1946 Section Paloise 11 - 0 Football-Club de Lourdes Parc des Princes, París
1945 SU Agen 7 - 3 Football-Club de Lourdes Parc des Princes, París
1944 USA Perpignan 20 - 5 Aviron Bayonnais Parc des Princes, París
1943 Aviron Bayonnais 3 - 0 SU Agen Parc des Princes, París
1939 Biarritz Olympique 6 - 0 USA Perpignan Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1938 USA Perpignan 11 - 6 Biarritz Olympique Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1937 CS Vienne 13 - 7 AS Montferrandaise Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1936 RC Narbonne 6 - 3 AS Montferrandaise Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1935 Biarritz Olympique 3 - 0 USA Perpignan Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1934 Aviron Bayonnais 13 - 8 Biarritz Olympique Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1933 Lyon OU 10 - 3 RC Narbonne Parc Lescure, Bordeos
1932 Lyon OU 9 - 3 RC Narbonne Parc Lescure, Bordeos
1931 RC Toulon 6 - 3 Lyon OU Parc Lescure, Bordeos
1930 SU Agen 4 - 0 Union Sportive Quillan Parc Lescure, Bordeos
1929 Union Sportive Quillan 11 - 8 Football-Club Lézignan Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1928 Section Paloise 6 - 4 Union Sportive Quillan Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1927 Stade Toulousain 19 - 9 Stade Français París Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1926 Stade Toulousain 11 - 0 USA Perpignan Parc Lescure, Bordeos
1925 USA Perpignan 5 - 0 Union Sportive Carcasona Maraussan, Narbona
1924 Stade Toulousain 3 - 0 USA Perpignan Parc Lescure, Bordeos
1923 Stade Toulousain 3 - 0 Aviron Bayonnais Stade Yves-Du-Manoir, Colombes
1922 Stade Toulousain 6 - 0 Aviron Bayonnais Route du Médoc, Le Bouscat
1921 USA Perpignan 5 - 0 Stade Toulousain Parc des Sports de Sauclières, Béziers
1920 Stadoceste Tarbais 8 - 3 Racing Club de France Route du Médoc, Le Bouscat
1914 USA Perpignan 8 - 6 Stadoceste Tarbais Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1913 Aviron Bayonnais 31 - 8 Universitaire de France Stade Yves-Du-Manoir, Colombes
1912 Stade Toulousain 8 - 6 Racing Métro 92 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1911 Stade Bordelais 14 - 0 Universitaire de France Route du Médoc, Le Bouscat
1910 Football-Club de Lyon 13 - 8 Stade Bordelais Parc des Princes, París
1909 Stade Bordelais 17 - 0 Stade Toulousain Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa
1908 Stade Français París 16 - 3 Stade Bordelais Stade Yves-Du-Manoir, Colombes
1907 Stade Bordelais 14 - 3 Stade Français París Route du Médoc, Le Bouscat
1906 Stade Bordelais 9 - 0 Stade Français París Parc des Princes, París
1905 Stade Bordelais 12 - 3 Stade Français París Route du Médoc, Le Bouscat
1904 Stade Bordelais 3 - 0 Stade Français París La Faisanderie, Saint-Cloud
1903 Stade Français París 16 - 8 SOE Toulouse Prairie des Filtres, Tolosa
1902 Racing Club de France 6 - 0 Stade Bordelais Parc des Princes, París
1901 Stade Français París 3 - 0 Stade Bordelais Route du Médoc, Le Bouscat
1900 Racing Club de France 37 - 3 Stade Bordelais Route du Médoc, Le Bouscat
1899 Stade Bordelais 5 - 3 Stade Français París Route du Médoc, Le Bouscat
1898 Stade Français París Racing Club de France
1897 Stade Français París Olympique de Paris
1896 Olympique de Paris 12 - 0 Stade Français París Vélodrôme, Courbevoie
1895 Stade Français París 16 - 0 Olympique de Paris Vélodrôme, Courbevoie
1894 Stade Français París 8 - 0 Inter-Nos Bécon-Les-Bruyères
1893 Racing Club de France 7 - 3 Stade Français París Bécon-Les-Bruyères
1892 Racing Club de France 4 - 3 Stade Français París Bagatelle, París

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]