Liga (deporte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O sistema de todos contra todos ou sistema de liga é un sistema de competición deportiva, en que todos os participantes do torneo enfróntanse entre eles nun número constante de oportunidades (xeralmente unha ou dúas).

Este tipo de torneo utilízase habitualmente nas ligas nacionais de deportes de pelota, como fútbol, baloncesto, rugby ou béisbol, onde varios equipos se enfrontan en temporadas de medio ano ou dun ano completo.

Durante as primeiras rondas dalgunhas copas internacionais, como a Copa Mundial de Fútbol, a Liga de Campións da UEFA ou a Copa Libertadores de América, emprégase un sistema de dúas fases. Na primeira, o fase de grupos, os equipos divídense en grupos de poucos integrantes (xeralmente catro), que se enfrontan nun sistema de todos contra todos. Os mellores equipos de cada grupo pasan á segunda fase, que adoita ser de eliminación directa.