Saltar ao contido

Cheetahs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cheetahs
NomeToyota Cheetahs
UniónSouth African Rugby Union
EmblemaGuepardo
Fundación2005; hai 20 anos
Sede Bloemfontein, Suráfrica
Estadio(s)Free State Stadium
Capacidade46.000 espectadores
PresidenteFranco Smith
AdestradorHawies Fourie
CapitánTian Meyer
Liga(s)Pro14
2018−196º (conferencia A)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.fscheetahs.co.za/
Facebook: CheetahsRugby Instagram: cheetahsrugby Editar o valor en Wikidata

Os Cheetahs, coñecidos por motivos de patrocinio como Toyota Cheetahs, son un equipo de rugby surafricano con sede nada cidade de Bloemfontein (Estado Libre). Após competir entre 2006 e 2017 no Super Rugby, actualmente compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa a equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O estadio onde xogan os seus partidos como local é o Free State Stadium, un recinto inaugurado en 1955 con capacidade para 46.000 espectadores.

A área de influencia do equipo abarca a metade occidental da provincia do Estado Libre, a mesma que a dos Free State Cheetahs da Currie Cup, competición entre equipos representantes das provincias ou rexións do país. Entre os anos 2006 e 2015, o club estaba asociado cos Griffons da metade oriental do estado e cos Griquas do Cabo Setentrional. Os Cheetahs foron fundados como un dos dous equipos que entraron na ampliación do Super 14 en 2006, sendo o outro os Western Force australianos, e converténdose así no quinto equipo surafricano da competición. Na súa primeira temporada, os Cheetahs tiveron un rendemento por riba do esperado, acabando en décimo lugar de catorce.

Os Cheetahs xogan os seus encontros como locais no Free State Stadium de Bloemfontein, un estadio con capacidade para 46.000 espectadores. O recinto foi empregado na Copa do Mundo de Rugby 1995 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Os Cheetahs tamén xogan algúns encontros no Park Stadium da cidade de Kimberley.

Os seguintes son os xogadores dos Cheetahs para o Pro14 de 2019−20.[1]

Equipo dos Cheetahs (Pro14)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Competición Ano Temporadas dos Cheetahs Máx. anotador ensaios Máx. anotador puntos
Pos Finais X V D E PF PC -/+ PB Pts Nome Ensaios Nome Puntos
Super 14 2006 10º 13 5 8 0 272 367 –95 7 27 Suráfrica Giscard Pieters 5 Suráfrica Meyer Bosman 81
2007 11º 13 4 8 1 265 342 –77 4 22 3 xogadores 2 Suráfrica Willem de Waal 54
2008 13º 13 1 12 0 255 428 –173 9 13 Suráfrica Jongi Nokwe 7 Suráfrica Conrad Barnard 47
2009 14º 13 2 11 0 213 341 –128 3 11 Suráfrica Jongi Nokwe 6 Suráfrica Jacques-Louis Potgieter 59
2010 11º 13 5 7 1 315 393 –78 4 26 Suráfrica Björn Basson 5 Suráfrica Naas Olivier 112
Super Rugby 2011 11º 16 5 11 0 435 437 –2 12 40 Suráfrica Sarel Pretorius 9 Suráfrica Sias Ebersohn 179
2012 10º 16 5 11 0 391 458 –67 10 38 Suráfrica Willie le Roux 7 Suráfrica Johan Goosen 145
2013 Final clasif. 16 10 6 0 382 358 24 6 54 Suráfrica Willie le Roux 6 Suráfrica Burton Francis 62
2014 14º 16 4 11 1 372 527 –155 6 24 Suráfrica Cornal Hendricks 6 Suráfrica Johan Goosen 143
2015 13º 16 4 12 0 247 434 –187 6 22 Suráfrica Boom Prinsloo 8 Suráfrica Joe Pietersen 92
2016 14º 15 4 11 0 377 425 –48 5 21 Suráfrica Sergeal Petersen 9 Suráfrica Fred Zeilinga 79
2017 13º 15 4 11 0 395 551 –156 5 21 Suráfrica Raymond Rhule 6 Suráfrica Fred Zeilinga 108
Pro14 2017–18 Cuartos de final 21 12 9 0 609 554 55 15 63 Suráfrica Makazole Mapimpi 10 Suráfrica Fred Zeilinga 86
2018–19 21 8 12 1 541 606 –61 12 46 Suráfrica Rabz Maxwane 14 Suráfrica Tian Schoeman 134
  1. "Toyota Cheetahs squad for Guinness PRO14" (Nota de prensa). Cheetahs. 11 de setembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]