All-Ireland League
| Tipo | competición de rugby a 15 |
|---|---|
| Organizador | Irish Rugby Football Union |
| Localización e Datas | |
| Localización | Illa de Irlanda 53°21′04″N 7°55′16″O / 53.351, -7.921 |
| País | Irlanda e Reino Unido |
| Vixencia | 1990 – |
| Calendario da tempada | setembro – abril |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | irishrugby.ie… |
A All-Ireland League (AIL), coñecida por motivos de patrocinio como Energia All-Ireland League, é o sistema de ligas nacionais para os 50 clubs masculinos séniores de rugby de Irlanda, que abrangue tanto a República de Irlanda como Irlanda do Norte. A liga inaugurouse na tempada 1990–91.
Segundo o Irish Examiner, en abril de 2014 o Cork Constitution era o único club que seguía na máxima división dende o comezo da liga, despois do descenso do Garryowen.[1]
É o segundo nivel do rugby de Irlanda e a máxima categoría afeccionada. Os equipos profesionais das catro provincias de Irlanda xogan no United Rugby Championship. Segundo o regulamento da tempada 2025–26, os clubs da Division 1A e da 1B poden seleccionar como máximo dous xogadores con contrato provincial, e só un deles pode ser dianteiro; os xogadores con contrato estranxeiro non poden xogar na liga.[2]
Formato
[editar | editar a fonte]A liga componse de cinco divisións masculinas de 10 equipos cada unha (1A, 1B, 2A, 2B Norte e 2B Sur), que xogan unha competición de todos contra todos a dobre volta co sistema habitual de puntos de bonus do rugby a 15. A tempada vai de mediados de setembro a mediados de abril, cun parón duns catro semanas entre mediados de decembro e principios de xaneiro. Ao rematar a fase de liga, os catro primeiros da Division 1A clasifícanse para as semifinais do play-off e os dous vencedores xogan a final.
Ascensos e descensos
[editar | editar a fonte]Na Division 1A, na 1B e na 2A, que non cambian en 2026–27, o décimo clasificado descende de forma directa e o vencedor da 1B e o da 2A ascenden de forma directa. O noveno clasificado da 1A e os clasificados do segundo ao cuarto da 1B xogan un play-off de catro equipos, e o vencedor xogará na 1A a tempada seguinte; o mesmo sistema aplícase entre a 1B (noveno) e a 2A (do segundo ao cuarto).[3]
Ata 2025–26 a categoría inferior estaba formada polas divisións 2B e 2C. Dende 2026–27 substitúense por dúas divisións rexionais de igual nivel, a 2BN (Norte) e a 2BS (Sur), separadas por unha liña imaxinaria entre O'Connell Bridge, en Dublín, e Eyre Square, en Galway. O décimo clasificado da 2A descende á 2BN ou á 2BS. Os primeiros clasificados da 2BN e da 2BS xogan un play-off pola praza directa na 2A, con vantaxe de campo para o que teña máis puntos na liga regular. O perdedor entra, xunto co noveno clasificado da 2A e os segundos da 2BN e da 2BS, nun play-off de catro equipos polo outro posto na 2A. Os décimos clasificados da 2BN e da 2BS xogan entre si e o perdedor descende á súa liga provincial, onde o substitúe o vencedor do All-Ireland Provincial League Championship; o vencedor xoga contra o subcampión do campionato e o gañador xogará na 2BN ou na 2BS a tempada seguinte.[4][5]
All-Ireland Provincial League Championship
[editar | editar a fonte]O All-Ireland Provincial League Championship dispútano os vencedores das catro ligas provinciais de clasificación de Connacht, Leinster, Munster e Ulster. O seu vencedor substitúe na liga o perdedor do play-off entre os décimos clasificados da 2BN e da 2BS. O subcampión xoga contra o vencedor dese play-off, e o gañador xogará na 2BN ou na 2BS a tempada seguinte.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de 1990 non había liga nacional en Irlanda. Cada unha das catro federacións provinciais tiña a súa propia copa e a súa propia liga. En 1991, tras case cinco anos de debate e consultas cos clubs, introduciuse a All-Ireland League (AIL) con dúas divisións: a Division 1, con 9 clubs, e a Division 2, con 10.[7][8][9] A AIL ampliouse a catro divisións en 1993–94,[10] con pequenas variacións no número de equipos por división nas tempadas seguintes.[11][12]
En 2000–01 a liga reestruturouse en tres divisións de 16 equipos cada unha.[13] Tras a introdución do profesionalismo no rugby a 15 en 1995, a IRFU deu máis importancia ás provincias, que dende 2002 participaron na Celtic League (hoxe United Rugby Championship) como equipos a tempo completo, en vez de seleccións puntuais de xogadores de clubs. Por iso, os mellores xogadores irlandeses deixaron de xogar na AIL. En 2004 a IRFU propuxo suprimir a All-Ireland League e reintroducir un sistema de ligas provinciais en 2005–06, que servirían de clasificación para unha AIL reducida a tres divisións na segunda metade da tempada, pero este modelo non recibiu o apoio dos clubs nin dos analistas de rugby.[14][15] En 2007 a IRFU acordou que a estrutura da liga seguiría sendo de tres divisións de 16 clubs para as tempadas 2008–09 e 2009–10. En 2009–10 a Division 1 dividiuse en 1A e 1B, con oito equipos en cada unha, a modo de proba, e continuou así na tempada 2010–11.[16] En 2011–12 as divisións 1A e 1B tiveron 10 clubs cada unha e as divisións 2 e 3 reformuláronse como divisións 2A e 2B, con 16 clubs en cada unha.[16]
Campións por tempada
[editar | editar a fonte]1990/91 – 1996/97
[editar | editar a fonte]De 1991 a 1997 o primeiro clasificado da Division 1 proclamábase campión da liga.
| Tempada | Título n.º | Campión | Pts | Subcampión | Pts |
|---|---|---|---|---|---|
| 1990–91[17] | 1.º | Cork Constitution | 14 pts | Garryowen | 12 pts |
| 1991–92[18] | 1.º | Garryowen | 14 pts | Shannon | 12 pts |
| 1992–93[19] | 1.º | Young Munster | 13 pts | Cork Constitution | 12 pts |
| 1993–94[20] | 2.º | Garryowen | 16 pts | Cork Constitution | 14 pts |
| 1994–95[21] | 1.º | Shannon | 20 pts | Blackrock College | 14 pts |
| 1995–96[22] | 2.º | Shannon* | 16 pts | Garryowen | 16 pts |
| 1996–97[23] | 3.º | Shannon | 24 pts | Lansdowne | 18 pts |
* O Shannon quedou por diante do Garryowen pola diferenza de puntos.
1997/98 – 2010/11
[editar | editar a fonte]De 1998 a 2011 o título decidiuse en play-offs: clasificábanse catro equipos para as semifinais e o vencedor da final proclamábase campión da liga. De 1998 a 2009 clasificáronse os catro primeiros da Division 1 e, en 2010 e 2011, os tres primeiros da Division 1A xunto co vencedor da Division 1B.
| Tempada | Título n.º | Campión | Resultado | Subcampión | Líder da liga regular | Posición do campión na liga regular |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1997–98[24] | 4.º | Shannon | 15-9 | Garryowen | Shannon (24 pts) | 1.º |
| 1998–99[25] | 2.º | Cork Constitution | 14-11 (prol.) |
Garryowen | Garryowen (16 pts) | 2.º |
| 1999–00[26] | 1.º | St Mary's College | 25-22 | Lansdowne | St Mary's College (37 pts) | 1.º |
| 2000–01[27] | 1.º | Dungannon | 46-12 | Cork Constitution | Cork Constitution (57 pts) | 3.º |
| 2001–02[28] | 5.º | Shannon | 21-17 | Cork Constitution | Cork Constitution (52 pts) | 2.º |
| 2002–03[29] | 1.º | Ballymena | 28-18 | Clontarf | Clontarf (61 pts) | 3.º |
| 2003–04[30] | 6.º | Shannon | 22-16 | Cork Constitution | Cork Constitution (51 pts) | 2.º |
| 2004–05[31] | 7.º | Shannon | 25-20 | Belfast Harlequins | Shannon (51 pts) | 1.º |
| 2005–06[32] | 8.º | Shannon | 30-3 | Clontarf | Garryowen (61 pts) | 4.º |
| 2006–07[33] | 3.º | Garryowen | 16-15 | Cork Constitution | Cork Constitution (60 pts) | 3.º |
| 2007–08[34] | 3.º | Cork Constitution | 18-8 | Garryowen | Cork Constitution (58 pts) | 1.º |
| 2008–09[35] | 9.º | Shannon* | 19-19 (prol.) |
Clontarf | Cork Constitution (52 pts) | 2.º |
| 2009–10[36] | 4.º | Cork Constitution | 17-10 (prol.) |
St Mary's College | Cork Constitution (46 pts) | 1.º |
| 2010–11[37] | 1.º | Old Belvedere | 20-17 | Cork Constitution | Cork Constitution (47 pts) | 2.º |
* O Shannon gañou pola regra do primeiro ensaio.
2011/12 – 2013/14
[editar | editar a fonte]De 2012 a 2014 o primeiro clasificado da Division 1A proclamábase campión da liga.
| Tempada | Título n.º | Campión | Pts | Subcampión | Pts |
|---|---|---|---|---|---|
| 2011–12[38] | 2.º | St Mary's College | 66 pts | Clontarf | 64 pts |
| 2012–13[39] | 1.º | Lansdowne | 68 pts | Garryowen | 50 pts |
| 2013–14[40] | 1.º | Clontarf | 64 pts | Old Belvedere | 63 pts |
2014/15 – actualidade
[editar | editar a fonte]Dende 2015 os catro primeiros clubs da Division 1A clasifícanse para as semifinais da liga e o vencedor da final proclámase campión.
| Tempada | Título n.º | Campión | Resultado | Subcampión | Líder da liga regular | Posición do campión na liga regular |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2014–15[41] | 2.º | Lansdowne | 18-17 | Clontarf | Lansdowne (65 pts) | 1.º |
| 2015–16[42] | 2.º | Clontarf | 28-25 | Cork Constitution | Clontarf (64 pts) | 1.º |
| 2016–17[43] | 5.º | Cork Constitution | 25-21 | Clontarf | Lansdowne (58 pts) | 4.º |
| 2017–18[44] | 3.º | Lansdowne | 19-17 | Cork Constitution | Lansdowne (71 pts) | 1.º |
| 2018–19[45] | 6.º | Cork Constitution | 28-13 | Clontarf | Cork Constitution (73 pts) | 1.º |
| 2019–20[46] 2020–21[47] |
cancelada pola pandemia da COVID-19 | |||||
| 2021–22[48] | 3.º | Clontarf | 29-23 | Terenure College | Clontarf (77 pts) | 1.º |
| 2022–23[49] | 1.º | Terenure College | 50-24 | Clontarf | Clontarf (76 pts) | 2.º |
| 2023–24[50] | 7.º | Cork Constitution | 33-22 | Terenure College | Terenure College (70 pts) | 2.º |
| 2024–25[51] | 4.º | Clontarf | 22-21 | Cork Constitution | Clontarf (66 pts) | 1.º |
| 2025–26[52] | 3.º | St Mary's College | 46-31 | Clontarf | St Mary's College (65 pts) | 1.º |
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Equipo | Títulos | Subcampións | Tempadas gañadas | Subcampión |
|---|---|---|---|---|
| Shannon | 9 | 1 | 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 2001–02, 2003–04, 2004–05, 2005–06, 2008–09 | 1991–92 |
| Cork Constitution | 7 | 10 | 1990–91, 1998-99, 2007–08, 2009–10, 2016–17, 2018–19, 2023–24 | 1992–93, 1993–94, 2000–01, 2001–02, 2003–04, 2006–07, 2010–11, 2015–16, 2017–18, 2024–25 |
| Clontarf | 4 | 9 | 2013–14, 2015–16, 2021–22, 2024–25 | 2002–03, 2005–06, 2008–09, 2011–12, 2014–15, 2016–17, 2018–19, 2022–23, 2025–26 |
| Garryowen | 3 | 6 | 1991–92, 1993–94, 2006–07 | 1990–91, 1995–96, 1997–98, 1998–99, 2007–08, 2012–13 |
| Lansdowne | 3 | 2 | 2012–13, 2014–15, 2017–18 | 1996–97, 1999–00 |
| St Mary's College | 3 | 1 | 1999–00, 2011–12, 2025–26 | 2009–10 |
| Terenure College | 1 | 2 | 2022–23 | 2021–22, 2023–24 |
| Old Belvedere | 1 | 1 | 2010–11 | 2013–14 |
| Young Munster | 1 | 0 | 1992–93 | — |
| Ballymena | 1 | 0 | 2002–03 | — |
| Dungannon | 1 | 0 | 2000–01 | — |
| Blackrock College | 0 | 1 | — | 1994–95 |
| Belfast Harlequins | 0 | 1 | — | 2004–05 |
Equipos (2026–27)
[editar | editar a fonte]Clubs participantes na tempada 2026–27 segundo a IRFU tras os play-offs de abril de 2026.[53] A composición da 2BN e da 2BS figura en Anyscor e na IRFU.[54][55]
Division 1A
[editar | editar a fonte]| Equipo | Localización | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|---|
| Ballynahinch | Ballynahinch | Ballymacarn Park | 1,000 |
| Clontarf | Dublín (Clontarf) | Castle Avenue | 3,200 |
| Cork Constitution | Cork (Ballintemple) | Temple Hill | 1,000 |
| Lansdowne | Dublín (Ballsbridge) | Aviva Stadium (Back Pitch) | 1,000 |
| Old Belvedere | Dublín (Ballsbridge) | Ollie Campbell Park | 1,000 |
| Old Wesley | Dublín (Donnybrook) | Donnybrook Stadium | 7,000 |
| St Mary's College | Dublín (Templeogue) | Templeville Road | 4,000 |
| Terenure College | Dublín (Terenure) | Lakelands Park | 3,000 |
| UCD | Dublín (Belfield) | UCD Bowl | 3,000 |
| Young Munster | Limerick (Rosbrien) | Tom Clifford Park | 1,000 |
Division 1B
[editar | editar a fonte]| Equipo | Localización | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|---|
| Blackrock College | Dublín (Blackrock) | Stradbrook Road | 4,000 |
| City of Armagh | Armagh | Palace Grounds | 1,000 |
| Dublin University | Dublín | College Park | 200 |
| Garryowen | Limerick (Dooradoyle) | Dooradoyle | 1,500 |
| Highfield | Cork (Bishopstown) | Woodleigh Park | 4,000 |
| Instonians | Belfast | Shawsbridge Sports Complex | 1,000 |
| MU Barnhall | Leixlip | Parsonstown | 1,000 |
| Naas | Naas | Forenaughts | 3,000 |
| Nenagh Ormond | Nenagh | New Ormond Park | 1,000 |
| UCC | Cork (Mardyke) | Mardyke Arena | 5,000 |
Division 2A
[editar | editar a fonte]| Equipo | Localización | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|---|
| Ballymena | Ballymena | Eaton Park | 1,000 |
| Cashel | Cashel | Spafield | 2,500 |
| Dungannon | Dungannon | Stevenson Park | 1,000 |
| Galway Corinthians | Galway (Castlegar) | Corinthian Park | 1,000 |
| Galwegians | Galway (Renmore) | Crowley Park | 2,000 |
| Greystones | Greystones | Dr Hickey Park | 1,000 |
| Queen's University | Belfast | Dub Lane | 1,000 |
| Shannon | Limerick | Thomond Park | 25,100 |
| UL Bohemians | Limerick (UL) | UL4G | 1,000 |
| Wanderers | Dublín (Ballsbridge) | Merrion Road | 1,000 |
Division 2B (Norte)
[editar | editar a fonte]| Equipo | Localización | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|---|
| Ballyclare | Ballyclare | The Cloughan | 1,000 |
| Banbridge | Banbridge | Rifle Park | 1,000 |
| Clogher Valley | Fivemiletown | The Cran | 1,000 |
| Enniskillen | Enniskillen | Ardgart | 1,000 |
| Malahide | Malahide | Estuary Road | 1,000 |
| Malone | Belfast | Gibson Park | 1,000 |
| Navan | Navan | Balreask Old | 4,000 |
| Rainey | Magherafelt | Hatrick Park | 1,000 |
| Skerries | Skerries | Holmpatrick | 1,000 |
| Sligo | Strandhill | Hamilton Park | 1,000 |
Division 2B (Sur)
[editar | editar a fonte]| Equipo | Localización | Estadio | Capacidade |
|---|---|---|---|
| Bective Rangers | Dublín (Donnybrook) | Donnybrook Stadium | 6,000 |
| Bruff | Bruff | Kilballyowen Park | 2,000 |
| Buccaneers | Athlone | Dubarry Park | 10,000 |
| Clonmel | Clonmel | Ard Gaoithe | 4,000 |
| Dolphin | Cork (Ballyphehane) | Musgrave Park | 8,008 |
| Enniscorthy | Enniscorthy | Ross Road | 1,000 |
| Midleton | Midleton | Towns Park | 400 |
| Monkstown | Dublín (Sandymount) | Sydney Parade | 1,000 |
| Old Crescent | Limerick (Rosbrien) | Rosbrien | 4,000 |
| Thomond | Limerick (Moyross) | Liam Fitzgerald Park | 1,000 |
Patrocinio
[editar | editar a fonte]A All-Ireland League non tivo patrocinador na primeira tempada, pero estivo patrocinada durante seis anos pola Insurance Corporation of Ireland.[56][57][58] A liga estivo patrocinada polo Allied Irish Banks de 1998 a 2010,[59][60][61] polo Ulster Bank durante nove anos, ata 2018,[62][63] a tempada 2018–19 non tivo patrocinador principal e dende a tempada 2019–20 patrocínaa Energia.[64][65][66]
| Tempada | Patrocinador |
|---|---|
| 1990–1991 | Sen patrocinador |
| 1991–1998 | Insurance Corporation of Ireland |
| 1998–2010 | Allied Irish Banks |
| 2010–2018 | Ulster Bank |
| 2018–2019 | Sen patrocinador principal |
| 2019–actualidade | Energia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Relegated Garryowen must rebuild from top to regain place among elite". Irish Examiner (en inglés). 22 de abril de 2014.
- ↑ "AIL Competition Rules". Old Wesley RFC (en inglés).
- ↑ "#EnergiaAIL Men's Divisions: Play-Off Details, Ups & Downs". Irish Rugby (en inglés). 4 de abril de 2026.
- ↑ "IRFU Confirms Changes To Men's Energia All-Ireland League Structure For 2026/27". irishrugby.ie (en inglés). 30 de outubro de 2025. Consultado o 9 de setembro de 2026.
- ↑ Treacy, Neil (30 de outubro de 2025). "IRFU confirms format change for All-Ireland League". RTÉ Sport (en inglés).
- ↑ Treacy, Neil (30 de outubro de 2025). "IRFU confirms format change for All-Ireland League". RTÉ Sport (en inglés).
- ↑ Irish Times (1990): New League structure is exciting challenge, 17 de setembro, Deportes, páxina A6
- ↑ Irish Times (1991): On Rugby: All-Ireland League highlight of the season, 30 de abril, páxina 18
- ↑ Irish Times (1995): Imperative for Ireland that AIL continues, 10 de outubro, páxina 16
- ↑ Sunday Independent (1994): Insurance Corporation AIL, 10 de abril, Deportes, páxina 22L
- ↑ Irish Examiner (1995): AIL Tables, 3 de abril, Deportes, páxina 16
- ↑ Sunday Independent (1996): Insurance Corporation League, 28 de abril, Deportes páxina 8
- ↑ Irish Independent (2000): Top clubs facing choice over season's start time, 15 de decembro, Deportes, páxina 21
- ↑ Irish Times. Rugby News: Existing format of AIL to be scrapped, 21 de febreiro, Deportes Supplement, páxina B3
- ↑ Irish Independent (2004): IRFU reveal blueprint to overhaul club structures, 22 de febreiro, Deportes, páxina 2
- 1 2 Irish Times. (2010). Rugby News: New Format for All-Ireland League, 29 July, page 22
- ↑ "Cork Con Target All Ireland League Title". munsterrugby.ie (en inglés). 5 de maio de 2015. Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ Mulqueen, Charlie (4 de marzo de 2006). "Limerick's deadly rivals ready to renew old battles". Irish Examiner (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ Kinsella, Murray (16 de maio de 2020). "'From the kick-off, they decided to start a schemozzle. That suited us'". www.the42.ie (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ "Four-In-A-Row: Anthony Foley And The Great Shannon Team Of The 1990s". www.balls.ie (en inglés). 16 de outubro de 2023. Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ Kearney, Diarmuid (30 de outubro de 2007). "The Success Of Garryowen And Shannon – Alone He Does Not Stand". www.irishrugby.ie (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ "AIB League Finals: A Ninth Title For Shannon?". www.irishrugby.ie (en inglés). 8 de maio de 2009. Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ Kinsella, Colm (10 de outubro de 2016). "'Shannon Rugby Club was in Anthony's blood from the day he was born'". Limerick Leader (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ Ward, Tony (27 de abril de 1998). "Shannon go forth in the style of true champions". Irish Independent (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ "Garryowen lose All-Ireland League final, in extra time, to Cork Con". Limerick Leader (en inglés). 1 de maio de 2020. Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ "St Mary's win All Ireland League". www.rte.ie (en inglés). 20 de maio de 2000. Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ Thornley, Gerry (28 de maio de 2001). "Dungannon prove class act". The Irish Times (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ Thornley, Gerry (6 de maio de 2002). "Shannon again the standard". The Irish Times (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ "Ballymena take All-Ireland crown". news.bbc.co.uk (en inglés). 10 de maio de 2003. Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ "Shannon win All-Ireland League title". Irish Examiner (en inglés). 8 de maio de 2004. Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ "Shannon In Seventh Heaven". www.irishrugby.ie (en inglés). 7 de maio de 2005. Consultado o 21 de abril de 2026.
- ↑ "Shannon Make it Three in a Row". www.munsterrugby.ie (en inglés). 13 de maio de 2006. Consultado o 22 de abril de 2026.
- ↑ "Garryowen 16-15 Cork Constitution". www.rte.ie (en inglés). 14 de xuño de 2007. Consultado o 22 de abril de 2026.
- ↑ "Cork Constitution 18-8 Garryowen". www.rte.ie (en inglés). 14 de maio de 2008. Consultado o 22 de abril de 2026.
- ↑ "Drawn final spells devastation for brave Clontarf". Irish Independent (en inglés). 11 de maio de 2009. Consultado o 22 de abril de 2026.
- ↑ Thornley, Gerry (10 de maio de 2010). "Cork Constitution go the distance". The Irish Times (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2026.
- ↑ "Old Belvedere record famous win". The Irish Times (en inglés). 1 de maio de 2011. Consultado o 19 de abril de 2026.
- ↑ "St Mary’s have won the Ulster Bank League". www.rte.ie (en inglés). 21 de abril de 2012. Consultado o 22 de abril de 2026.
- ↑ "Lansdowne take first ever AIL title with win over Clontarf". Irish Independent (en inglés). 20 de marzo de 2013. Consultado o 23 de abril de 2026.
- ↑ Rooney, Kieran (21 de abril de 2014). "Clontarf snatch the All-Ireland League title on a dramatic final day". The Irish Times (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2026.
- ↑ "Lansdowne edge Clontarf in thriller to take title". www.rte.ie (en inglés). 9 de maio de 2015. Consultado o 23 de abril de 2026.
- ↑ Kinsella, Murray (13 de maio de 2016). "Clontarf and Cork Con show attacking quality of Irish club rugby". www.the42.ie (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2026.
- ↑ O'Brien, Brendan (8 de maio de 2017). "Cork Con put crowning touch to their season". Irish Examiner (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2017.
- ↑ "Lansdowne 1st XV Claim All Ireland Honours With 19-17 Win Over Cork Constitution". lansdownerugby.com (en inglés). 8 de maio de 2018. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ "Cork Con seal second AIL title in three years with Aviva victory over Clontarf". www.the42.ie (en inglés). 5 de maio de 2019. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Irish Rugby's 2019/20 Domestic Season To Conclude With Immediate Effect". www.irishrugby.ie (en inglés). 19 de marzo de 2020. Consultado o 23 de abril de 2026.
- ↑ Kelly, David (28 de xaneiro de 2021). "Blow for Irish rugby as 2020/21 All-Ireland league season officially cancelled". Irish Independent (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2025.
- ↑ "Clontarf Hold Off Terenure Surge To Win Third League Title". www.irishrugby.ie (en inglés). 1 de maio de 2022. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ O'Sullivan, John (7 de maio de 2023). "Glory Days for Terenure College as Caolan Dooley's boot leads them to first All-Ireland League title". The Irish Times (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ Mervyn, Dave (28 de abril de 2024). "14-man Cork Con hold off Terenure for AIL glory". www.the42.ie (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2024.
- ↑ Lewis, Simon (27 de abril de 2025). "Clontarf edge Cork Con by one point in tense AIL final to regain title". Irish Examiner (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2025.
- ↑ Noctor, Rian (26 de abril de 2026). "St Mary’s end 14-year wait for AIL glory with electric second-half display to beat Clontarf". Irish Independent (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2026.
- ↑ "#EnergiaAIL Men's Divisions: Promotion/Relegation Play-Off Final Results Round-Up". Irish Rugby (en inglés). 25 de abril de 2026.
- ↑ "Energia AIL 2026/27 Live Scores". Anyscor (en inglés).
- ↑ "Energia All-Ireland League Fixtures Confirmed For 2026/27 Season". Irish Rugby (en inglés). 30 de xuño de 2026.
- ↑ Irish Examiner (1991): All-Ireland League boost, 6 de febreiro, páxina 17
- ↑ Irish Independent (1991): League is insured for success, 6 de febreiro, páxina 5
- ↑ Irish Times (1993): ICI extends its AIL sponsorship to 1997, 1 de setembro, páxina 17
- ↑ Irish Times (1997): Clubs to reap benefit of £1.3 million boost, 10 de setembro, páxina 21
- ↑ Rugby News: AIB to give €5m and five years to clubs, 26 de setembro, páxina 26
- ↑ Irish Times (2010): AIB bring to an end League deal, 6 de febreiro, Deportes, páxina A8
- ↑ Irish Independent (2011): AIL gets Ulster Bank sponsorship boost, 11 de xaneiro, Deportes, páxina 9
- ↑ "IRFU and Ulster Bank Announce New Community Rugby Partnership". SportsNews Ireland (en inglés). 28 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2011.
- ↑ "IRFU secures new five-year sponsorship deal for All-Ireland League". The42 (en inglés). 26 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019.
- ↑ "IRFU seeking new All Ireland League sponsor". The Irish Times (en inglés). 26 de xullo de 2018.
- ↑ "IRFU And Energia Announce Five-Year AIL Sponsorship Deal". Irish Rugby (en inglés). 26 de xuño de 2019.