ACT Brumbies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brumbies
Nome completo ACT Brumbies
Alcume(s)
Fundación 1996
Localización Canberra, Australia Australia
Estadio(s) Canberra Stadium
Capacidade 25.011
Presidente
Adestrador Australia Stephen Larkham
Capitán Australia Stephen Moore
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga Super Rugby
Tempada 2015
Posición
Páxina web oficial
Na súa casa
Fóra

Os ACT Brumbies son un equipo profesional de rugby que compite no torneo Super Rugby do hemisferio sur representando ao Territorio da Capital Australiana e a unha parte do estado de Nova Gales do Sur, en Australia, e que ten a súa sé na cidade de Canberra. O equipo xoga os seus encontros como local no Canberra Stadium.

Estadio[editar | editar a fonte]

Os ACT Brumbies xogan os seus encontros como locais no Canberra Stadium (Bruce Stadium no pasado) da capital australiana. O estadio foi inaugurado en 1977 e ten capacidade para acoller 25 011 persoas nas bancadas. Os Brumbies comparten este recinto deportivo cos Canberra Raiders da NRL.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Estes son os xogadores que formarán parte dos Brumbies na tempada 2016:

1ª Liña

Talonadores

2ª Liña

 

3ª Liña

Medios Melé

Aperturas

 

Centros

Ás

Zagueiros

  • En negriña os xogadores internacionais en categoría absoluta.

No pasado os Brumbies contaron con estrelas do rugby como George Gregan, Stephen Larkham, George Smith, Matt Giteau, Rocky Elsom, Stirling Mortlock, Adam Ashley-Cooper ou Jeremy Paul, entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stephen Larkham, retirado no ano 2007.
Canberra Stadium, fogar dos Brumbies.

A traxectoria dos Brumbies sempre foi das mais exitosas do Super Rugby ata que tivo lugar a retirada de Stephen Larkham e George Gregan no ano 2007. Os Brumbies contan con 2 campionatos (2001 e 2004) e 3 subcampionatos (1997, 2000 e 2002) no seu palmarés.

Tempada Xogados Gañados Empates Derrotas PUNTOS Temp.Regular PlayOffs
2016
2015 16 9 0 7 47 (caeu nas semifinais fronte ós Hurricanes)
2014 16 10 0 6 45 (caeu nas semifinais fronte ós Waratahs)
2013 16 10 2 4 60 (caeu na final fronte ós Chiefs)
2012 16 10 0 6 58
2011 16 4 1 11 33 13º
2010 13 8 0 5 37
2009 13 8 0 5 38
2008 13 6 0 7 30
2007 13 9 0 4 40
2006 13 8 1 4 38
2005 11 5 1 5 29
2004 11 8 0 3 40 CAMPIÓN (fronte ós Crusaders)
2003 11 6 0 5 31 (caeu nas semifinais fronte ós Blues)
2002 11 7 0 4 38 (caeu na final fronte ós Crusaders)
2001 11 8 0 3 40 CAMPIÓN (fronte ós Sharks)
2000 11 9 0 2 45 (caeu na final fronte ós Crusaders)
1999 11 5 0 6 28
1998 11 3 0 8 18 10º
1997 11 8 0 3 41 (caeu na final fronte ós Blues)
1996 11 7 0 4 32

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ACT Brumbies