New South Wales Waratahs
| Nome | NSW Waratahs | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Tahs | ||
| Fundación | 1996 | ||
| Sede | Sydney, Australia | ||
| Estadio(s) | Sydney Football Stadium | ||
| Capacidade | 45.500 espectadores | ||
| Adestrador | |||
| Capitán | |||
| Anotador | |||
| Ensaios | |||
| Liga(s) | Super Rugby | ||
| 2015 | 2º e semifinalista | ||
| |||
| Na rede | |||
| http://www.nswrugby.com.au/ | |||
Os New South Wales Waratahs son un equipo profesional de rugby que compite no torneo Super Rugby do Hemisferio Sur representando ó estado de Nova Gales do Sur, en Australia, e que ten a súa sede na cidade de Sydney.
Estadio
[editar | editar a fonte]Os NSW Waratahs comparten o Sydney Football Stadium cos Sydney Roosters da NRL e co Sydney FC. Este estadio foi inaugurado en 1988 e ten unha capacidade de 45.500 persoas. Os Waratahs tamén xogan un encontro ó ano no ANZ Stadium, o estadio principal que acolleu as Olimpiadas de Sydney, e no que collen 83.500 seareiros.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Estes son os xogadores que formarán parte dos Waratahs na tempada 2016:
|
1ª Liña Talonadores 2ª Liña |
3ª Liña Medios Melé Aperturas |
Centros Ás Zagueiros |
- En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Algunhas das figuras máis salientables da historia dos Waratahs foron: Lote Tuqiri, Wendell Sailor, Matt Rogers, Morgan Turinui, Nick Farr-Jones, Matt Burke, Rocky Elsom, Peter Hewat ou David Campese.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A traxectoria dos Waratahs no torneo Super Rugby ten sido moi regular, acadando 6 veces o dereito a loitar nos playoffs polo título. En 2005 e 2008 chegou á final do campionato, caendo nas dúas ocasións fronte ós Crusaders. Na tempada 2014, os Waratahs gañaron o campionato ao vencer na final aos Crusaders.

| Tempada | Xogados | Gañados | Empates | Derrotas | PUNTOS | Temp.Regular | PlayOffs |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2016 | |||||||
| 2015 | 16 | 11 | 0 | 5 | 52 | 2º | (caeu nas semifinais fronte ós Highlanders) |
| 2014 | 16 | 12 | 0 | 4 | 58 | 1º | CAMPIÓN (fronte ós Crusaders) |
| 2013 | 16 | 8 | 0 | 8 | 45 | 9º | |
| 2012 | 16 | 4 | 0 | 12 | 35 | 11º | |
| 2011 | 16 | 10 | 0 | 6 | 57 | 5º | (caeu nos cuartos de final fronte ós Blues) |
| 2010 | 13 | 9 | 0 | 4 | 43 | 3º | (caeu nas semifinais fronte ós Stormers) |
| 2009 | 13 | 9 | 0 | 4 | 41 | 5º | |
| 2008 | 13 | 9 | 1 | 3 | 43 | 2º | (caeu na final fronte ós Crusaders) |
| 2007 | 13 | 3 | 1 | 9 | 21 | 13º | |
| 2006 | 13 | 9 | 0 | 4 | 45 | 3º | (caeu nas semifinais fronte ós Hurricanes) |
| 2005 | 11 | 9 | 0 | 2 | 41 | 2º | (caeu na final fronte ós Crusaders) |
| 2004 | 11 | 5 | 0 | 6 | 27 | 8º | |
| 2003 | 11 | 6 | 0 | 5 | 31 | 5º | |
| 2002 | 11 | 8 | 0 | 3 | 39 | 2º | (caeu nas semifinais fronte ós Brumbies) |
| 2001 | 11 | 5 | 0 | 6 | 25 | 8º | |
| 2000 | 11 | 5 | 0 | 6 | 25 | 9º | |
| 1999 | 11 | 4 | 1 | 6 | 24 | 8º | |
| 1998 | 11 | 6 | 1 | 4 | 30 | 6º | |
| 1997 | 11 | 4 | 0 | 7 | 20 | 9º | |
| 1996 | 11 | 5 | 0 | 6 | 28 | 6º |