Saltar ao contido

Western Force

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Force
NomeWestern Force
Fundación2005
SedePerth, Australia Australia
Estadio(s)Perth Oval
Capacidade20.500 espectadores
AdestradorAustralia Michael Foley
CapitánAustralia Matt Hodgson
AnotadorAustralia Cameron Shepherd (370)
EnsaiosAustralia Cameron Shepherd (30)
Liga(s)Super Rugby
201515º
Casa
Fóra
Na rede
http://www.westernforce.com.au/
Instagram: westernforce Editar o valor en Wikidata

O Western Force é un equipo profesional de rugby da cidade de Perth (Australia) fundado no ano 2005 e que compite no torneo Super Rugby.

O estadio no que disputa actualmente os seus encontros como local o Western Force é o Perth Oval de Perth (chamado Nib Stadium por razóns de patrocinio), un recinto con capacidade para acoller 20.500 seareiros nas bancadas, que foi inaugurado no ano 1904 e renovado en 2004. O Western Force comparte este estadio co equipo de fútbol da liga australiana Perth Glory FC.

Nas dúas primeiras tempadas do Western Force no torneo Super 14, o equipo xogaba os seus encontros como local no Subiaco Oval, un estadio con capacidade para 43.500 persoas, que acolle encontros de fútbol Australiano dende sempre. En 2008 o goberno do estado de Australia Occidental anunciou a construción dun novo estadio con capacidade para 70.000 persoas, que será construído entre 2011 e 2016. Este futuro recinto será o fogar do Western Force cando se remate.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Estes serán os xogadores que defenderán as cores do Western Force na tempada 2016:

1ª Liña

Talonadores

2ª Liña

 

3ª Liña

Medios Melé

Aperturas

 

Centros

Ás

Zagueiros

  • En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.

Na súa curta historia, polo Western Force teñen pasado xogadores tan salientables como Matt Giteau, Scott Fava e Drew Mitchell.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O Western Force comezou a disputar o torneo Super Rugby na edición 2006. No seu primeiro ano rematou último. Dende entón, o seu mellor resultado foi o 7º posto final que acadou na tempada 2007.

Perth Oval, fogar actual do Western Force.
Tempadas Pos. Xogados Gañados Empates Derrotas Puntos+ Puntos- Diferenza Bonus PUNTOS
2016
2015 15º 163013245384-139719
2014 16907343393-50440
2013 13º 164111267366-99531
2012 14º 163013306440-134727
2011 12º 16529333416-83537
2010 13º 13409258364-106319
2009 13616328275+531036
2008 13706247278-31533
2007 13616276282-6632
2006 14º 131210223373-150412

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]