Antípodas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antipodes LAEA.png

En xeografía, o antípoda ou os antípodas (do grego ἀντίποδες,[1] plural de antipous (ἀντίπους), "cos pés en fronte (dos nosos)",[2] anti- "oposto" e pous "pé") é o lugar da superficie terrestre diametralmente oposto a outro dado, é dicir, o lugar da superficie terrestre máis afastado.

Descrición matemática[editar | editar a fonte]

Se a forma da Terra se aproxima a unha esfera ou a un esferoide, o antípoda dun punto situado nas coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) (θ, φ) pode escribirse (θ ± 180 °, −φ), ou (−θ, φ ± 180 º).

A liña recta que une ambos os puntos atravesa o centro do planeta. O percorrido miás curto posible entre ambos, sobre a superficie, é duns 20 000 km.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O vocábulo aparece en Timeo, de Platón, xa referido á superficie da Terra, para explicar a relatividade dos vocábulos "sobre" e "baixo". O termo foi tomado por Aristóteles (De caelo 308a.20), Estrabón, Plutarco e Dióxenes Laercio e foi adoptado en latín como antipodes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ἀντίποδες, Liddell and Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  2. ἀντίπους Liddell and Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.