Giuseppe Mercalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Mercalli

Giuseppe Mercalli, nado en Milán o 21 de maio de 1850 e finado en Nápoles o 20 de marzo de 1914, foi un sismólogo e vulcanólogo italiano, creador da escala que leva o seu nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenouse sacerdote en 1872, feito que non lle impediu continuar cos seus grandes estudos. Foi discípulo de Antonio Stoppani. En 1874 completou os seus estudos de Ciencias Naturais, para dedicarse ao ensino de devandita disciplina no seminario de Monza.

A súa actividade investigadora pódese enmarcar entre os anos 1880-1913. Investigou os depósitos glaciares alpinos da Lombardía. En 1885 continuou coa súa actividade docente en Reggio Calabria. Posteriormente impartiu clases de xeoloxía e de mineraloxía na Universidade de Catania.

En 1892 dedicouse á actividade docente na materia de vulcanoloxía e mineraloxía na Universidade de Nápoles. Nesa mesma cidade, en 1911, substituíu a Vittorio Matteucci no posto de director do Observatorio Vesubiano.

No período de 1892 ao 1911, ensino no Liceo "Vittorio Emanuele" de Nápoles, sendo mestre, entre outros de Giuseppe Moscati. Entre os seus colaboradores desa época destacaron Achille Ratti, que posteriormente sería coñecido como o pontífice Pío XI.


Morreu o 20 de marzo de 1914 tras o incendio declarado na súa vivenda en Nápoles.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Amais de numerosos estudos de sismoloxía e vulcanoloxía, especialmente o monográfico I vulcani attivi della Terra (1889) e mais os estudos sobre terremotos en Casamicciola (1883), Isole Pontine (1892) e Messina (1908), destacan:

  • I vulcani e i fenomeni vulcanici in Italia (Milano, 1885)
  • Il terremoto di Lombardia (1884)
  • Il terremoto di Lecco (1887)
  • Il terremoto dell'Andalusia (1897)
  • I vulcani attivi della Terra (Milano 1897)
  • Notizie vesuviane (1901-1907).
  • Studi sui terremoti della Calabria meridionale.
  • Il risveglio del Vesuvio (1913).
  • Studi sui fenomeni del bradisismo del Serapeo e della Solfatara.
  • Vulcani e fenomeni vulcanici in Italia