Saltar ao contido

Terremoto do Océano Índico de 2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terremoto do Océano Índico de 2004
Esquematismo
Imaxe
Datas
 Data
26 de decembro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de distribución
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   125.000 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   227.898 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   30 m tsunami Editar o valor en Wikidata
 Profundidade
   30 km hipocentro Editar o valor en Wikidata
 Escala Richter
   9,3 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/04t43t Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O terremoto do Océano Índico de 2004, coñecido na comunidade científica como o terremoto de Sumatra-Andamán, foi un terremoto submarino ocorrido ás 00:58:53 UTC (07:58:53 hora local) do 26 de decembro de 2004. O terremoto provocou un tsunami que se converteu nun dos máis mortíferos da historia moderna, matando entre 240 000 e 300 000 persoas. A magnitude do terremoto estímase que foi de 9,1[1], o que o converte dun dos cinco terremotos máis fortes dende 1900. En maio de 2005, os científicos revelaron que o tremor no epicentro durou case dez minutos, cando a maioría dos terremotos non duran máis duns poucos segundos, o que causou que o planeta enteiro vibrase cando menos uns poucos centímetros.

Imaxe do avance do tsunami polo Océano Índico.

O terremoto orixinouse no Océano Índico, ao norte da illa de Simeulue, ao noroeste de Sumatra, Indonesia, o tsunami que seguiu devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, con ondas de ata 30 m, o que causou grandes perdas e mortes en zonas tan afastadas, como a costa leste de África.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 09 de xaneiro de 2013.