Honshu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Honshu - 本州
本州
Mt fuji and mt ashitaka.jpg
Vista do Monte Fuji
Japan honshu map small.png
Illa de Honshu, Xapón
Situación
País Flag of Japan.svg Xapón
Arquipélago Arquipélago xaponés
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 36°N 138°L / 36, -138
Xeografía
Superficie 227.942´85 km²
Longura máxima 1300
Largura máxima 50-230
Perímetro 5.450
Punto máis alto 3.776 m Monte Fuji
Demografía
Capital Toquio
Poboación 103.000.000 (CENSO 2005)
Densidade 447 hab./km²
Lingua propia Xaponés

Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, un parte de Hondo. Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.

A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Quioto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa tn aproximadamente 1.300 de longo e varía dos 50 aos 230 km de largo, e a súa superficie total é de 227.942´85 km², ao redor do 60% da superficie total do Xapón, o que a fai un pouco máis grande que Gran Bretaña.[1] A súa superficie terrestre estivo aumentando co levantamento costeiro no norte, pero o aumento global do nivel do mar diminuíu estes efectos. Honshu ten un perímetro de 5.450 km de costa.

É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923 que danou gravemente Toquio, e o Terremoto e tsunami de Sendai de 2011 que moveu a parte nordeste da illa ata 5´3 metros[2][3] mentres causaba tsunamis devastadores. O pico máis alto é o volcán activo Monte Fuji, con 3776 m. que converte a Honshu na 7ª illa máis alta do mundo. Hai moitos ríos, incluíndo o Shinano, o máis longo de Xapón e o río Tone, coa conca máis grande. Os Alpes xaponeses percorren a lonxitude de Honshu, dividindo a costa do noroeste (mar do Xapón) da costa do sueste (Pacífico ou mar interior); O clima é moi variable xeralmente subtropical húmido nas partes meridionais e costeiras da illa e continental húmido nas zonas norteñas e interiores.

Rexións administrativas e prefecturas[editar | editar a fonte]

A illa está dividida en cinco rexións nominais e 34 prefecturas, incluíndo Toquio metropolitano. Administrativamente, algunhas illas máis pequenas inclúense dentro destas prefecturas, incluíndo as Illas de Ogasawara, Illa de Sado, Izu Shima e Illa de Awaji.

As rexións e prefecturas son:

Honshū está unida ás demais illas do Xapón por túneis ou pontes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Islands By Land Area". Islands.unep.ch. Consultado o 2010-08-01. 
  2. "Map of Horizontal Land Movement caused by 2011/3/11 M9.0 earthquake" (PDF) (en Japanese). Geospatial Information Authority of Japan. March 19, 2011. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  3. "Quake shifted Japan by over two meters". Deutsche Welle. 14 de marzo de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]