Xurxo Lobato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xurxo Lobato Sánchez, nado na Coruña o 29 de abril de 1956, é un fotógrafo galego. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa señora do Rosario".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Foi estudante de bacharelato no IES Monelos da Coruña e licenciado en Xeografía e Historia coa especialidade de Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1979.

Actividade profesional[editar | editar a fonte]

En 1977 foi fotógrafo colaborador nos seguintes xornais e revistas: Teima, Man Común, A Nosa Terra, correspondente gráfico de El País e a Axencia Cover, Cambio16, Vogue, Elle, Telva, Geo, Feinsmeicker, Dier Spiegel, El Mundo, La Vanguardia, El Periódico,El Dominical, El Semanal, National Geographic, Historia National Geographic, Viajar, Spain Gourmetour, Sobremesa e Capital.

En 1980 comezou a traballar en La Voz de Galicia, onde desde o 1986 é xefe de fotografía e coordinador da axencia Voz Noticias. Chegou a ser redactor xefe de fotografía e Arquivo Gráfico de La Voz de Galicia até 2004. Entre 1990 e 1991 foi director do seminario Fotoxornalismo no Centro de Enseñanzas da Imaxe (CEI) de Santiago de Compostela. De 1993 a 2002 foi profesor de Fotoperiodismo na Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia, na Universidade da Coruña. En 1996 foi nomeado director do seminario Fotoperiodismo y comunicación visual. En 1997 foi director do seminario Imaxe e información, da UIMP. Un ano despois foi o coordinador do Encontro A fotografía como memoria histórica, organizado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Así mesmo, participou noutros seminarios sobre fotoperiodismo e fotografía dixital.

En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo fotográfico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos.

Dende 1998 a súa obra chegou ao público a través de numerosas exposicións e publicacións, tanto individuais como colectivas. Asemade recibiu múltiples premios e bolsas en recoñecemento ao seu traballo, que se atopa representado en moitas das mellores coleccións de centros de arte de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]