Saltar ao contido

William Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Martínez
Información persoal
Nome William Rubén Martínez Carreras
Nacemento 13 de xaneiro de 1928
Lugar de nacemento Pueblo Victoria
Falecemento 28 de decembro de 1997
Altura 192 centímetros
Posición Defensa
Carreira xuvenil
–1942 Sportivo Alba
1942–1943 Nacional
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1943–1946 Nacional
1947–1948 Racing de Montevideo
1948–1954 Rampla Juniors
1955–1962 Peñarol
1963–1967 Rampla Juniors
1967–1968 Atlético Junior
1968–1969 Rampla Juniors
1969–1970 Fénix
1970 Central Español
Selección nacional
1950–1965 Uruguai 54 (2)
Na rede
FIFA: 53737 UEFA: 100459 Editar o valor en Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

William Rubén Martínez Carreras, nado en Pueblo Victoria, Montevideo, o 13 de xaneiro de 1928 e finado o 28 de decembro de 1997, foi un futbolista uruguaio. Xogaba como defensa e consagrouse no Club Atlético Peñarol. É o único futbolista uruguaio en ser campión do mundo coa súa selección nacional (1950) e co seu club (1961).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao fútbol no Sportivo Alba de Victoria e en 1942 entrou no equipo xuvenil do Nacional. Debutou co primeiro equipo en 1943 e catro anos despois fichou polo Racing Club de Montevideo. En 1948 marchou ao Rampla Juniors, onde militou durante sete tempadas antes de asinar co Peñarol.

Foi no Peñarol onde logrou os seus maiores éxitos, capitaneando o equipo na conquista de cinco campionatos de Primeira División consecutivos (1958–1962), dúas Copas Libertadores (1960, 1961) e unha Copa Intercontinental (1961), derrotando nesta última ao Benfica de Eusébio.

En 1963 regresou ao Rampla Juniors, onde xogou catro tempadas máis. A continuación pasou Atlético Junior, de novo Rampla Juniors, Fénix e Central Español, onde rematou a súa carreira en 1970 aos 42 anos. Nos dous últimos equipos actuou como xogador-adestrador.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección uruguaia en 54 ocasións, marcando 2 goles entre 1950 e 1965. Debutou en abril de 1950 contra Chile e formou parte da selección que conquistou o Mundial de 1950 contra o Brasil no Maracanazo, aínda que non disputou ningún dos partidos naquel torneo. No Mundial de 1954, foi un dos tres defensas titulares, xunto a Santamaría e Víctor Rodríguez Varela. Pasaron como primeiros de grupo e eliminaron en cuartos de final a Inglaterra, pero perderon nas semifinais contra Hungría, ao encaixar na prórroga dous goles de Sándor Kocsis. Acodiu a un terceiro Mundial, en 1962 en Chile, pero como suplente.

Disputou ademais catro edicións da Copa América, proclamándose campión en 1956. Xogou o seu derradeiro partido coa selección en 1965, contra Venezuela en Caracas,[1] sendo nese momento o segundo xogador uruguaio da historia con máis internacionalidades (54), só por detrás de Ángel Romano.[2]

  1. "Partidos internacionais de William Martínez". RSSSF (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2021. 
  2. "Xogadores con máis partidos coa selección uruguaia". RSSSF (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]