Pablo Gabriel García Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo García
Información persoal
Nome Pablo Gabriel García Pérez
Nacemento 11 de maio de 1977 (46 anos)
Lugar de nacemento Pando
Altura 1,86 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996-1997 Montevideo Wanderers FC 35 (1)
1997CA Peñarol (Cedido) 9 (0)
1997–2002 Atlético de Madrid B 38 (3)
1998Real Valladolid (Cedido) 1 (0)
2000-2001AC Milan (Cedido) 5 (0)
2001–2002FBC Unione Venezia (Cedido) 14 (0)
2002-2005 CA Osasuna 78 (6)
2005-2006 Real Madrid 22 (0)
2006-2007 Celta de Vigo 14 (0)
2007-2008 Real Murcia 21 (0)
2008-2013 PAOK Tesalónica FC 93 (4)
2014- Skoda Xanthi FC
Selección nacional
1997-2007 Selección de fútbol do Uruguai 66 (2)
Na rede
FIFA: 177265 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pablo Gabriel García Pérez, nado o 11 de maio de 1977 en Pando, Uruguai, é un futbolista que xoga na demarcación de mediocentro defensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Montevideo Wanderers FC e tras un breve paso polo CA Peñarol fichou polo Atlético de Madrid, xogando no seu segundo equipo. O equipo madrileño cedeuno ao AC Milan e posteriormente ao FBC Unione Venezia. No verán de 2002 ficha polo CA Osasuna, baixo as ordes de Javier Aguirre. No club navarro pasaría os mellores anos da súa carreira, ese bo papel faría que o Real Madrid se fixase nel, fichándoo no ano 2005.

No Real Madrid nunca chegou a convencer os técnicos polo que ao ano seguinte é cedido ao Celta de Vigo[1], que buscaba reforzarse de cara ao seu retorno a Copa da UEFA, porén as lesións non lle permitiron ter continuidade e o seu paso polo Celta sería testemuñal, a tempada remataría co descenso do equipo a Segunda División

Ao ano seguinte foi cedido de novo ao Real Murcia, onde ofreceu un mellor rendemento pero sen chegar ao nivel demostrado en Pamplona. O 10 de xullo de 2008 remata o contrato co Real Madrid, cando fichou polo PAOK Tesalónica FC. No 2013 fichou polo AC Skoda Xanthi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Celta presenta al uruguayo Pablo García". AS (en castelán). 30 de agosto de 2006.