Gonzalo Menéndez Pidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gonzalo Menéndez Pidal
Nacemento12 de abril de 1911
 Madrid
Falecemento11 de decembro de 2008
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Madrid
Ocupacióncartógrafo, fotógrafo, historiador, arquiveiro e director de fotografía
PaiRamón Menéndez Pidal
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Menéndez Pidal y Goyri, nado en Madrid o 12 de abril de 1911 e finado ibídem o 11 de decembro de 2008, foi un historiador español, académico da Real Academia da Historia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Gonzalo Menéndez Pidal (á esquerda) grava a Lorca e a outros membros de La Barraca na rúa Capitán Galán (hoxe Rúa Príncipe) de Vigo, en agosto de 1932.[1]

Nado en Madrid o 12 de abril de 1911,[2] foi fillo de Ramón Menéndez Pidal e de María Goyri.[2][3] Licenciouse na carreira de Historia na Universidade de Madrid[2] e doutorouse cunha tese titulada Mozárabes y asturianos en la cultura da Alta Edad Media reflejada en sus bibliotecas.[4] Casou con Elisa Bernis en 1936.[2] A súa actividade investigadora e intereses centráronse na cartografía histórica[4] e a historia real.[2][4] Na súa obra salientan títulos Los caminos en la historia de España (1952), La España del siglo XIII ou Hacia una nueva imagen del mundo.[3] Elixido académico da Real Academia da Historia o 25 de novembro de 1955 coa medalla n.º 19, ocupou o cargo desde a súa toma de posesión o 29 de xuño de 1958 até a súa morte.[5] Finou en Madrid o 11 de decembro de 2008[2][5] á idade de 97 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ocampo, Elena (23/2/2019). "Raíces gráficas de "Seis poemas galegos"". Faro de Vigo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Ontañón, Elvira (14 de decembro de 2008). "Gonzalo Menéndez Pidal, historiador analítico". El País. 
  3. 3,0 3,1 Anes y Álvarez de Castrillón, Gonzalo (13 de decembro de 2008). "Gonzalo Menéndez Pidal y Goyri: «In memoriam»". ABC. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Manso Porto 2009, p. 101.
  5. 5,0 5,1 Real Academia da Historia (ed.). "Académicos Numerarios - Relación de Medallas: 19". Arquivado dende o orixinal o 24/9/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]