Conversa:Sancha I de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Problema compañeiros, non sei como poñer que Sancha ten 3 herdeiros e manter este formato de sucesión. Sei que na wiki en inglés xa teñen iso resolto, pero aqui aínda temos iso que facer. A ver se algún de vós pode botar unha man. Un saúdo a todos e grazas!--Alexandre Vigo 11:02, 26 de abril de 2010 (UTC)

Se non entendín mal, a boa señora era raíña consorte de Castela, raíña consorte de León e emperatriz de España. Non se pode solucionar o tema meténdolle tres caixiñas, unha por cada? A de emperatriz de España pódela aforrar, porque equivale a rei de León (creo), e esa xa a tes repe. Xoacas(non che sinto?) 12:40, 26 de abril de 2010 (UTC)

Grazas por me respostares tan axiña Xoacas. Non é exactamente ao que me refería, de feito Sancha non era raíña consorte de Castela, pois Castela non era reino, era condado. Tampouco era raíña consorte de León, en todo caso tería sido Fernando o rei consorte de "León", era era a filla do rei Afonso V, polo tanto lexítima herdeira. Máis dado a obxectividade é o de "León" ou Galicia, hai que lembrar que "León" era unha cidade, mentres que Galicia era o territorio. Dado que a historiografía galega especializada tende a recuperar e reparar o nome de Galicia, coido que entre raíña de León (capital do reino) e Galicia (reino), é máis adecuado este ultimo. En canto o de "emperatriz de España", en sí non é un título, senón unha forma que asumian para amosar a súa ""supremacia"" sobre a Hispania (as terras maiormente musulmás ao sur do Macizo central), tamén existen "emperatrices de toda Galicia" como Urraca, mais comunmente se entende que este non é un título nin distinción senón unha forma de atribuirse poder.

Pero non é nada disto o que eu queria dicir, senón, que ás veces como con Sancha I de Galicia, ten varios sucesores e asi pois debe aparecer unha caixa unica á esquerda, e tres diferentes á dereita como na wiki en inglés, e iso é o que penso que precisa o artigo entre o restando 99% de información :).--Alexandre Vigo 13:39, 26 de abril de 2010 (UTC)

Estiven vendo o código dos modelos ingleses e son un chisco liada, sobrepasan a miña capacidade para adaptalos aquí. Iso tería que facelo alguén que controle máis ca min. --Alberte Si, dígame? 15:37, 26 de abril de 2010 (UTC)

Título do artigo[editar a fonte]

Ola, por que o título do artigo é Sancha I de Galiza cando xa na primeira liña pon Sancha I de Galicia, non é un pouco raro? Poñede todo Galiza ou todo Galicia pero os dous nomes misturados ... ademais mesmo na caixa pon Monarcas de Galicia. Creo que sería boa idea que o pensedes. Saúdos--193.153.199.140 15:45, 26 de abril de 2010 (UTC)

Mea culpa, fun eu -quen para non variar..- introducín ambos, entendo que ambos son correctos e asi aparece reflexado polos que regulan a norma na que se basea a galipedia, con todo entendo que introducir ambos nunha mesma redacción é todo menos estilístico, o dito mea culpa.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Alexandre Vigo (conversacontribucións) 18:16, 26 de abril de 2010