Nablus
Coordenadas: 32°13′13″N 35°16′44″L / 32.22028, -35.27889
Nablus | |
---|---|
نابلس שכם | |
![]() | |
Vista de Nablus | |
Localización | |
País | ![]() |
Xeografía | |
Superficie | 28,6 km² |
Demografía | |
Poboación | 126.132 (2007) |
Outros datos | |
Alcalde | Adly Yaish |
www.nablus.org |
Nablus (árabe: نابلس) Nāblis ou Nāblus, evolución do grego Neapolis “Cidade Nova“; a bíblica Siquem. denominada Yabal an-Nār „Monte do lume“) é unha cidade da Palestina con cerca de 100.000 habitantes. Está asentada nun esteso val entre dúa montañas (árabe: Ibāl e Xirzim, citados na Biblia como Ebal e Garizim), a uns 62 km ao Norte de Xerusalén.
Xunto a poboación musulmá e cristiá, conviven aquí uns 300 membros da comunidade samaritana.
Historia[editar | editar a fonte]
A cidade foi fundada no ano 72 d.C. polos romanos, que lle deron o nome de Flavia Neapolis, en honra da nova dinastía dos Flavios, pois naquela altura gobernaba en Roma o emperador Vespasiano. O lugar situábase arredor de dous quilómetros ao Leste da antiga cidade biblique de Siquem.
Conquistada a cidade polos árabes en 636, o nome foi adaptado por eles como Nablus (نابلس). Os cruzados rebautizárona como « Naples » (e xustamente o "Naples" ou "Nápoles" italiano deriva tamén dun anterior « Neapolis »). Converteuse, durante esa época, nun dos maiores centros do Reino de Xerusalén, até a súa destruzón en 1202. Posteriormente foi reconstruída de novo polos árabes.