Saltar ao contido

Rubén López Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubén López
Información persoal
Nome Rubén López Durán
Nacemento 26 de agosto de 2004
Lugar de nacemento Lamela
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Barcelona Atlètic
Carreira xuvenil
2015–2018 EF Lalín
2018–2019 Compostela
2019–2023 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2022– Fabril 22 (1)
2024– Barcelona Atlètic 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de setembro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Rubén López Durán, nado en Lamela (Silleda) o 26 de agosto de 2004, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Barcelona Atlètic, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido na parroquia silledense de Lamela, herdou a afección ao fútbol de seu pai Manuel, que xogara nas categorías inferiores do Lalín ata que as lesións o afastaron do primeiro equipo.[1] Comezou a súa formación futbolística na Escola de Fútbol Lalín, na que tamén xogaba o seu irmán maior, Andrés. En 2018, despois de tres anos no equipo do Deza, pasou ao equipo cadete do Compostela, seguindo a seu irmán, que viña de fichar polo xuvenil do club santiagués. Alí tivo como adestrador a Iván Carril, que o atrasou da posición máis ofensiva que ocupaba en Lalín a un posto de pivote defensivo. Xogou 28 partidos coa camiseta branca e azul, 25 deles como titular, conseguindo o ascenso á Liga Galega, e chamou a atención do Deportivo da Coruña, que o fichou ao remate da tempada.

Iniciou o seu periplo no Deportivo no equipo cadete, pasando ao ano seguinte ao Xuvenil B da Liga Nacional e en 2021 ao Xuvenil A da División de Honra, e foi titular no histórico partido do seu equipo na Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv celebrado nun estadio de Riazor con máis de 20.000 espectadores.[2] Na tempada 2022/23 compaxinou o xuvenil co Fabril, co que logrou o ascenso a Segunda División RFEF tras proclamarse campión do Grupo I da Terceira RFEF.[3]

O 5 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo na Primeira Federación, na derrota por 0-3 ante o Real Unión no Stadium Gal de Irún, substituíndo nos minutos finais a José Ángel. O 28 de xaneiro seguinte marcou en Balaídos fronte ao Celta Fortuna o seu primeiro gol coa camiseta do Deportivo, facendo o segundo dos dous goles do seu equipo, que venceu por 1-2.[4] Participou na maioría de partidos da segunda volta, xogando habitualmente de interior xunto a Diego Villares, aínda que tamén xogou de mediapunta e máis preto da banda, e proclamouse co equipo campión da categoría, conseguindo así o ascenso a Segunda.[5]

Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Barcelona Atlètic, tamén da Primeira Federación.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
Deportivo da Coruña
  1. Antelo, Iván (9 de febreiro de 2022). "Así es Rubén López, la otra perla de Silleda del Dépor en la UEFA Youth League". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2023. 
  2. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 29 de decembro de 2023. 
  3. "Campeonato y ascenso del Fabril en O Barco (0-1)". Deportivo da Coruña (en castelán). 23 de abril de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  4. "Rubén López: “Es un sueño, no se me va a olvidar nunca”". DxT Campeón (en castelán). 29 de xaneiro de 2024. Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  5. Pereira, Eder (11 de xullo de 2024). "Rubén López, el centrocampista híbrido que se inspira en Rodri". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  6. "O RC Deportivo acepta a petición de Rubén López de irse cedido ao Barça Atlètic". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]