Iván Carril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iván Carril
ÖFB-Cupfinale 2012 Carril 01.jpg
Iván Carril en 2012
Información persoal
Nome Iván Carril Regueiro
Nacemento 13 de febreiro de 1985 (36 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,82 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Noia (adestrador)
Carreira xuvenil
2001–2002 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2009 Deportivo B
2005–2009 Deportivo da Coruña 10 (1)
2006Vecindario (cedido) 8 (0)
2007Palencia (cedido) 11 (0)
2009–2010 Pontevedra 32 (2)
2010–2013 Ried 61 (9)
2014 Olympiacos Volou 5 (0)
2014 Erbil
2014–2015 Hospitalet 11 (0)
2015 Auckland City 6 (4)
2015–2016 Gjøvik-Lyn
Adestrador
2019– Noia
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Iván Carril Regueiro, nado en Rebordaos (Santiago de Compostela) o 13 de febreiro de 1985, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra o CF Noia. É irmán do tamén futbolista Jonathan Carril.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus inicios foron un humilde club de fútbol sala do concello de Teo, a súa calidade pronto chamou a atención e foi fichado pola S D Compostela para as súas categorías inferiores. Máis adiante firmaría polas categorías inferiores do F.C. Barcelona, onde non tivo moita fortuna debido as numerosas lesións que tivo. Rexurdiu tras chegar novamente a provincia da Coruña, nesta ocasión no filial do Deportivo, converténdose nunha peza indispensable para o mesmo, o cal o fixo debutar no primeiro equipo asinando moi boas actuacións, chegando a marcar o seu único gol na primeira división.

Trala marcha do adestrador Joaquín Caparrós, que o fixo debutar na categoría de ouro do fútbol español foi cedido primeiro ao Vecindario e posteriormente ao Palencia, onde tería unha traxectoria irregular.

Na tempada 2009–10 foi contratado por unha tempada polo Pontevedra CF de Segunda División B, participando en 32 partidos e anotando 2 goles. Na tempada 2010–11 fichou polo SV Ried. No verán de 2014 ficha polo CE L'Hospitalet

Adestrador[editar | editar a fonte]

En xullo de 2019 foi contratado para adestrar o CF Noia, de Preferente Galicia, en substitución de José Manuel Martínez "Secho".[1][2] Na tempada 2019–20 o equipo noiés logrou o 4.º posto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]