Rubén Castro Martín
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1981 (43 anos) As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rubén Castro Martín, nado nas Palmas de Gran Canaria o 27 de xuño de 1981, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o FC Cartagena da Segunda División. É xunto con Robert Fernández o futbolista con máis tempadas no fútbol profesional español (22),[1] e o segundo máximo goleador da historia da Segunda División, con 180 goles, sendo só superado por Nino (194).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira da UD Las Palmas, debutou no primeiro equipo o 25 de febreiro de 2001, aínda que non anotou o seu primeiro gol ata a tempada 2001-02, cando, entrando desde o banquiño conseguiuno no minuto 64 contra o Real Madrid CF.
Na tempada 2003-04, foi o máximo goleador da Segunda División co club da súa cidade natal, con 22 goles, sendo entón contratado polo Deportivo da Coruña, nun acordo no que tamén foi fichado Momo por parte do equipo branquiazul. O acordo chegou coa finalidade de eliminar a débeda que Las Palmas contraera logo de contratar ao arxentino Gabriel Schürrer procedente do Dépor, nun traspaso valorado en 3,6 millóns de euros. Esa mesma tempada actuou cedido no Albacete Balompié, en Primeira.
A comezos de 2006-07, Rubén volveu ser cedido esta vez ao Racing de Santander, pero debido á falta de oportunidades marchou antes da apertura do mercado invernal. O seu novo destino foi o Nàstic, onde comezou moi ben, con 3 goles nos seus primeiros 3 partidos, aínda que o club tarraconense sería relegado a final de tempada a Segunda División. Rubén regresou ao Deportivo na tempada 2007/2008, onde a súa participación foi practicamente nula.
Na tempada 2008/2009 xogou no SD Huesca, da Segunda División, onde chegou cedido novamente polo Deportivo.[3] Na tempada 2009/2010 xogou no Rayo Vallecano, da Segunda División, onde chega tamén cedido.[4]
No verán de 2010 fichou polo Real Betis, de Segunda División.
Persoal
[editar | editar a fonte]Os seus irmáns Álex e Guillermo foron tamén futbolistas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ranking Temporadas Primera y Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "Ranking Goles Segunda División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2022.
- ↑ "El Huesca ficha a Rubén Castro". archivo.marca.com (en castelán). 19 de xullo de 2008. Consultado o 18 de setembro de 2021.
- ↑ Acordo definitivo para a cesión de Rubén Castro ao Rayo Vallecano
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1981
- Nados nas Palmas de Gran Canaria
- Futbolistas das Canarias
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores da UD Las Palmas B
- Xogadores da UD Las Palmas
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21