Queco Piña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Queco Piña
Información persoal
Nome completo Sergio Piña Cousillas
Nacemento 19 de xullo de 1980 (39 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,92 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Huesca
Número 13
Carreira xuvenil
Orillamar
1997–1999 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2000 Deportivo B
2000–2002 Celta B 3 (0)
2002–2003 Ourense 4 (0)
2003–2004 Lalín
2004–2008 Racing de Ferrol 84 (0)
2008–2009 Alicante 17 (0)
2010–2011 Ponferradina 5 (0)
2012 Celta B 14 (1)
2012–2014 Orihuela 28 (0)
2014–2016 Leganés 27 (0)
2016– Huesca 0 (0)
Selección nacional
2007– Galicia 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Sergio Piña Cousillas, coñecido como Queco Piña, nado na Coruña o 18 de xullo de 1980, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Huesca. O seu pai Ramón Piña tamén foi futbolista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Queco Piña formouse na Escola de Porteiros de La Torre, tutelada polo Orillamar, club coruñés no que xogaría nos seus inicios ata debutar co primeiro equipo da entidade na Rexional Preferente. Na tempada 1997–98 Queco ficha polas categorías inferiores do Deportivo, para incorporarse aos equipos xuvenís da entidade branquiazul.

Na tempada 2000–01 Queco Piña ficha polo Celta de Vigo B, filial olívico co que volvería lograr o ascenso á Segunda División B tras concluír a liga regular como campión do grupo I de Terceira. Na tempada 2002–03 Queco ficha polo CD Ourense, equipo galego tamén do grupo I da Segunda División B.

Queco Piña tivo un comezo moi prometedor, porque en Galicia e co Club Deportivo Lalín conseguiu o Zamora da Terceira División, aínda que e foi no Racing de Ferrol onde máis rendemento deu.

Na tempada 2004–05 ficha polo Racing de Ferrol co que xogaría durante as 4 campañas seguintes nas que disputaría un total de 7.933 minutos en 88 partidos xogados, 87 como titular, encaixando 85 goles e recibindo 8 cartóns amarelos.

No Alicante CF pasouno moi mal economicamente, onde tivo unha tempada para esquecer.[1]

En maio de 2010 tras as baixas dos gardametas donostiarras Asier Riesgo e Claudio Bravo anunciouse que o galego asinaría coa Real Sociedad nos cinco partidos que restaban para o final da Liga Adelante,[2] aínda que finalmente a súa fichaxe frustrouse debido a problemas á hora de tramitar a ficha.[3]

Na tempada 2010–11 fichou pola SD Ponferradina. En febreiro de 2012 fichou polo Celta de Vigo B, até o final da tempada 2011–12.[4]

En xaneiro de 2014 firmou polo Leganés.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]