Darryl F. Zanuck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darryl F. Zanuck
Darryl F. Zanuck 1964.jpg
Alcume/outrosGregory Rogers
Nacemento5 de setembro de 1902
LugarWahoo
Falecemento22 de decembro de 1979
LugarPalm Springs
Causacancro
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Cónxuxe(s)Virginia Fox
FillosRichard D. Zanuck
Profesiónguionista, produtor de cinema, actor e director de cinema
Na rede
IMDB: nm0953123 Allocine: 38170 Allmovie: p117829 TCM: 211995 TV.com: people/darryl-f-zanuck
Discogs: 2829164 WikiTree: Zanuck-2 Find a Grave: 1837 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Darryl Francis Zanuck, nado en Wahoo (Nebrasca) o 5 de setembro de 1902 e finado en Palm Springs (California) o 22 de decembro de 1979 foi un produtor, argumentista e director estadounidense.

Ao lado de Joseph Schenck converteuse nun dos fundadores da 20th Century Fox, cando en 1935 a Fox Film Corporation se fundiu cunha próspera produtora, a Twentieth Century Pictures, liderada por Schenck. A fusión converteu a Schenck no presidente do consello director e levou a Zanuck para a empresa como vicepresidente, encargado da produción de filmes.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abandonado polos seus pais aos 13 anos de idade, alistouse no exército estadounidense aos 15 anos, combatendo en Bélxica durante a primeira guerra mundial.

Desde moi novo comezou a escribir historias para o cinema, e en 1925 converteuse en director de produción da Warner. En 1933 concluíu que a súa carreira non lle permitía chegar máis lonxe na Warner, polo que abandonou a empresa para formar Twentieth Century Films, co apoio de Louis B. Mayer da Metro-Goldwyn-Mayer e Joseph M. Schenck presidente da United Artists. En 1935 Twentieth Century Films absorbeu a fracasada Fox, crando Twentieth Century Fox, que foi dirixida por Zanuck durante numerosos anos.

Ao logo da súa carreira, que comezou nos anos 1920 aínda co cinema mudo e se estendeu ata o inicio dos anos 1970, produciu e realizou mais de douscentos filmes.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Zanuck é a única persoa que recibiu tres premios Irving G. Thalberg, concedidos pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, en 1937, 1944 e 1950.

En 1947 gañou o Óscar ao mellor filme con Gentleman's Agreement.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sobre Fox: Nossa Hist20th Century Studios". foxfilm.com.br/. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2015. Consultado o 20 de marzo de 2015.  Texto "ória Corporativa" ignorado (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]