Maureen O'Hara
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Maureen FitzSimons 17 de agosto de 1920 Ranelagh |
| Morte | 24 de outubro de 2015 Boise |
| Causa da morte | morte natural |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington |
| Relixión | Catolicismo |
| Altura | 1,72 m |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación e canto |
| Ocupación | escritora, actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro, autobiógrafa, cantante, actriz |
| Período de actividade | 1938 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Xénero artístico | Wéstern |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Charles F. Blair, Jr. (1968–1978) Will Price (1941–1952) George H. Brown (1939–1940) |
| Fillos | Bronwyn FitzSimons ( |
| Irmáns | Charles B. Fitzsimons James O'Hara |
| Premios | |
Maureen FitzSimons, nada en Dublín o 17 de agosto de 1920 e finada en Boise (Idaho) o 24 de outubro de 2015,[1] foi unha actriz irlandesa-estadounidense coñecida como Maureen O'Hara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nun suburbio de Dublín, sendo a segunda de seis irmáns. Entre os seis e os dezasete anos estudou arte dramática, música e danza, e aos dez anos uniuse a unha compañía de teatro afeccionado. Unha proba chamou a atención do actor Charles Laughton, especialmente pola expresividade dos seus ollos. Grazas a Laughton e ao seu socio Erich Pommer O’Hara conseguiu un contrato de sete anos coa Mayflower Pictures. Laughton tamén lle conseguiu o papel de Esmeralda en The Hunchback of Notre Dame que se rodou en Hollywood.
A chegada da segunda guerra mundial fixo que Laughton considerase que non era posible manter o contrato de O’Hara en Londres e pasouna á RKO, que lle deu papeis en filmes de pouco orzamento. Destes filmes salvouna John Ford, que lle deu o papel de Angharad en Que verde era o meu val.
Dona dunha voz de soprano, en 1960 estreou o musical de Broadway Christine e ese mesmo ano gravou dous discos de éxito. Retirouse da interpretación en 1971, pero volveu vinte anos máis tarde para interpretar a nai de John Candy en Only the Lonely.
Desde que sufriu un infarto en 2005, viviu principalmente en Glengarriff (Condado de Cork) antes de trasladarse a Idaho.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1938 | Kicking the Moon Around |
| My Irish Molly | |
| 1939 | Jamaica Inn |
| The Hunchback of Notre Dame | |
| 1940 | A Bill of Divorcement |
| Dance, Girl, Dance | |
| 1941 | They Met in Argentina |
| Que verde era o meu val | |
| 1942 | To the Shores of Tripoli |
| Ten Gentlemen from West Point | |
| The Black Swan | |
| 1943 | Immortal Sergeant |
| This Land Is Mine | |
| The Fallen Sparrow | |
| 1944 | Buffalo Bill |
| 1945 | The Spanish Main |
| 1946 | Sentimental Journey |
| Do You Love Me | |
| 1947 | Sinbad the Sailor |
| The Homestretch | |
| Miracle on 34th Street | |
| The Foxes of Harrow | |
| 1948 | Sitting Pretty |
| 1949 | Un segredo de muller |
| The Forbidden Street | |
| Father was a Fullback | |
| Bagdad | |
| 1950 | Comanche Territory |
| Tripoli | |
| Rio Grande | |
| 1951 | Flame of Araby |
| 1952 | At Sword's Point |
| Kangaroo | |
| O home tranquilo | |
| Against All Flags | |
| 1953 | The Redhead from Wyoming |
| War Arrow | |
| 1954 | Malaga |
| 1955 | Berce de heroes |
| The Magnificent Matador | |
| Lady Godiva of Coventry | |
| 1956 | Lisbon |
| Everything But the Truth | |
| 1957 | The Wings of Eagles |
| 1959 | Our Man in Havana |
| 1961 | The Deadly Companions |
| The Parent Trap | |
| 1962 | Mr. Hobbs Takes a Vacation |
| 1963 | Spencer's Mountain |
| McLintock! | |
| 1965 | The Battle of the Villa Fiorita |
| 1966 | The Rare Breed |
| 1970 | How Do I Love Thee? |
| 1971 | Big Jake |
| 1991 | Only the Lonely |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maureen O'Hara |
| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maureen O'Hara na IMDb (en inglés).
- Virtual History
