Provincia de Xaén
Provincia de Jaén (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Capital | Xaén | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 654.170 (2015) (48,51 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 13.484 km² | ||||
Altitude | 709 m | ||||
Punto máis alto | Pico Mágina (en) (2.167 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Guadalquivir (150 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1833 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Q28795843 | ||||
• Q28795843 | Francisco Reyes Martínez (2011–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-J | ||||
Código NUTS | ES616 | ||||
Código INE | 23 | ||||
Páxina web | dipujaen.es |
A provincia de Xaén (en castelán: Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.
A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andújar, Martos, Bailén, Cazorla e Alcalá la Real.
Comarcas
[editar | editar a fonte]- Metropolitana: comarca que comprende practicamente a totalidade da área metropolitana da capital provincial. Ten unha poboación de 220.448 habitantes, unha superficie de 1.755,56 km², e unha densidade de poboación de 125,57 hab/km². A súa capital é Xaén
- Sierra Morena: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte da cordilleira de Serra Morena incluíndo o Parque Natural de Despeñaperros. Posúe 105.640 habitantes, ten unha superficie de 1.396,7 km², e unha densidade de poboación de 75,6 hab/km². A súa capital é Linares.
- La Loma: é o centro da provincia, cunha poboación de 76.961 habitantes e unha superficie de 1.037,4 km². A súa capital, Úbeda.
- La Campiña: ten unha poboación de 67.749 habitantes, unha superficie de 1.741,7 km², e unha densidade de poboación de 38,9 hab/km². Parte do seu territorio forma o Parque Natural da Serra de Andújar. A súa capital é Andújar.
- Serra Sur: cunha poboación de 44.339 habitantes, unha superficie de 784,27 km². A súa capital é Alcalá la Real.
- Sierra Máxina: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural de Serra Máxina. Ten unha poboación de 42.368 habitantes, unha superficie de 1.389,4 km², e unha densidade de poboación de 30,5 hab/km². A súa capital é a cidade de Xódar.
- Sierra de Cazorla: comprende gran parte del Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas. A poboación desta comarca é de 33.993 habitantes, ten unha superficie de 1.330,72 km², e unha densidade de poboación de 25,5 hab/km². A súa capital, Cazorla.
- Sierra de Segura: é a comarca máis extensa da provincia e tamén comprende a maior parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas, coma a comarca de Cazorla. Conta cunha poboación de 26.574 habitantes, ten unha superficie de 1.931 km². A súa capital é Beas de Segura.
- Las Villas ou Las Villas: unha parte significativa do territorio desta comarca forma parte do Parque Natural da Serra de Cazorla, Segura e As Vilas. Conta cunha poboación de 22.239 habitantes, unha área de 556,38 km², e unha densidade de poboación de 40 hab/km². A súa capital é Villacarrillo.
- El Condado: posúe unha poboación de 23.904 habitantes, unha extensión de 1.488,11 km², e unha densidade de poboación de 16,1 hab/km². Navas de San Juan é a capital.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Na serra de Cazorla, en Pontones, nace o río Segura, mentres que no Canellón de las Fuentes, no termo municipal de Quesada, nace o río Guadalquivir. Aínda que é unha das provincias españolas menos coñecidas polos turistas, ten moitos lugares interesantes que visitar.
Xaén ten, xunto a outras paraxes naturais protexidas, catro Parques Naturais:
- Parque Natural da Sierra de Andújar.
- Parque Natural de Sierra Máxina.
- Parque Natural de Despeñaperros.
- Parque Natural da Sierra de Cazorla, Segura e Las Villas.
A provincia conta tamén con dúas importantes cidades renacentistas: Úbeda e Baeza, que foron recentemente declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A provincia de Jaén é a maior produtora mundial de aceite de oliva. Polo que gran parte da economía xienense baséase no monocultivo da Oliveira.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Xaén |