Alcalá la Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlcalá la Real
Vista nocturna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°27′45″N 3°55′22″O / 37.4625, -3.9228Coordenadas: 37°27′45″N 3°55′22″O / 37.4625, -3.9228
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Xaén Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalAlcalá la Real Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación21.587 (2023) Editar o valor em Wikidata (82,39 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie262 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude918 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataElena Viboras Jiménez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23680 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE23002 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webalcalalareal.es Editar o valor em Wikidata

Alcalá la Real é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Xaén, Andalucía. Está situado a 71 quilómetros de Xaén e a 53 km da cidade de Granada. A súa poboación é de 22.783 habitantes, segundo os datos do INE para o ano 2009. É cabeceira da comarca da Sierra Sur e sitúase no extremo suroeste da provincia, limitando coas provincias de Granada e Córdoba; e cunha superficie de 262,9 quilómetros cadrados.

Historia[editar | editar a fonte]

Alcalá la Real sitúase nunha zona estratéxica que comunica o val do Guadalquivir (a través do río Guadajoz) coas áreas de vega granadinas, a través dos ríos Frailes e Velillos. A súa posición estratéxica, non só sobre o territorio, senón na mesma localización da cidade (sobre o Cerro de la Mota), confírelle unha importancia fundamental en canto ás vías de comunicación ó longo da historia, o cal vén a confirmar a súa importancia cando esta área se converte en zona de fronteira durante a Idade Media co Reino de Granada.

Advírtese ocupación humana en distintos xacementos do termo municipal desde o Paleolítico e nas fases prehistóricas seguintes coma o Neolítico, o Calcolítico e a Idade de Bronce. Como curiosidade, é probable que esta cidade fora unha das últimas localizacións onde habitaron os Neanderthais. Desde o Bronce Final, nas fases ibéricas antigas, aprécianse asentamentos ibéricos de pequeno rango, coma os núcleos de La Gineta y La Mesa de la Ribera Alta. En época romana advírtense as primeiras evidencias de ocupación do Cerro de La Mota, que poden identificarse coma os primeiros restos da propia Alcalá, se ben pode darse o caso de que estas edificacións romanas puideron arrasar os anteriores estratos ibéricos.

En 713, coa conquista musulmá, a cidade pasa a denominarse Qal`at Bani Zayd, isto é, "fortaleza dos Beni Zayd ou fillos de Zayd", ou, abreviadamente, Al-Qal`a, "a fortaleza", do que procede o seu nome actual. Tamén de época musulmá, concretamente do reinado de al-Hakam II (961-976), data a importante rede de atalaias que se erixiron para defender o territorio das devastacións dos normandos que incluso deixaron sentir os seus efectos nesta zona. Hoxe en día aínda subsisten 12 das 15 atalaias orixinais, que establecían un cinto defensivo en torno á atalaia principal de La Mota.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]