Despeñaperros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parque Natural de Despeñaperros»)

Coordenadas: 38°23′10″N 3°30′25″O / 38.38611, -3.50694

Despeñaperros.

Despeñaperros é un desfiladeiro escavado polo río Despeñaperros, situado no municipio de Santa Elena, ao norte da provincia de Xaén (España). Está declarado Parque natural pola Xunta de Andalucía nunha extensión de 7.649 ha, fundamentalmente polos seus valores xeolóxicos e paisaxísticos, pero que tamén posúe unha destacable flora e fauna.

Trátase dun desfiladeiro de paredes abruptas, con desniveis de máis de 500 m de altura e moi utilizado polo ser humano ao longo da historia, ao ser paso natural da Serra Morena e punto de conexión principal entre Andalucía e a Meseta, Castela-A Mancha, ou o que é o mesmo, co resto de España. Así, por Despeñaperros pasaron sempre importantes vías de comunicación tanto por estrada (a autovía A-4) como por ferrocarril. O acceso ferroviario era o máis importante a toda Andalucía (coa excepción da liña Mérida-Sevilla) ata 1992, coa construción da liña de alta velocidade Puertollano-Córdoba (90 km ao oeste).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]