Saltar ao contido

Sierra Sur de Jaén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSierra Sur de Jaén
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°39′01″N 3°54′08″O / 37.6504, -3.9023
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Xaén Editar o valor en Wikidata
CapitalAlcalá la Real Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Comparte fronteira con

Sierra Sur de Jaén é o nome dunha comarca das dez que ten a provincia de Xaén, en España.[1] A súa capital, como centro administrativo, é Alcalá la Real. Ten unha poboación de 41 025 habitantes (segundo os datos do INE para 2022), unha superficie de 784,27 km², e unha densidade de poboación de 52,31 hab/km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A comarca está situada no extremo suroccidental da provincia, e limita ao oeste coa provincia de Córdoba e ao sueste coa de Granada. Disposta a xeito de barreira natural da depresión do Guadalquivir, a Sierra Sur forma parte da franxa central da cordilleira Subbética, acada a súa maior altura na serra da Pandera (1 870 m).

Concellos

[editar | editar a fonte]

A comarca estaba composta por dez concellos: Alcalá la Real, Alcaudete, Castillo de Locubín, Frailes, Fuensanta de Martos, Jamilena, Martos, Torredelcampo, Valdepeñas de Jaén e Los Villares.

Pero dende o 27 de marzo de 2003, e de acordo co catálogo[1] elaborado pola Consellaría de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía, transferíronse as localidades de Fuensanta de Martos, Jamilena, Martos, Los Villares e Torredelcampo á Comarca Metropolitana de Jaén. Quedando así a actual comarca Sierra Sur coas seguintes localidades:

  1. 1,0 1,1 Mapa de comarcas de Andalucía. Listaxe comarcal definido pola Consellaría de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]