Bailén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bailén
Parroquiadelaencarnacionbailen.jpg
Igrexa da Encarnación
Localización
País España
Comunidade autónoma Andalucía
Provincia Xaén
Comarca Serra Morena
Xeografía
Altitude 343 msnm msnm
Superficie 117,6 km² km²
Demografía
Poboación 18243 (2015)
Densidade 156,62 hab/km²
Xentilicio Bailenense/Baeculense
Outros datos
Código postal 23710
Alcalde Luis Mariano Camacho Núñez (PP)
www.ayto-bailen.com

Bailén é un concello español pertencente á provincia de Xaén, en Andalucía. Está situado na bisbarra de Serra Morena e tiña unha poboación de 18 243 habitantes en 2015.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Bailén limita cos municipios de Baños de la Encina e Guarromán ao norte, Linares ao leste, ao sur con Jabalquinto e Espelúy, e con Villanueva de la Reina e Zocueca ao oeste.

Historia[editar | editar a fonte]

O 9 de xullo de 1808 tivo lugar a batalla de Bailén, no contexto da Guerra da Independencia española, na que as tropas francesas de Dupont foron derrotadas polas españolas do xeneral Castaños, que estaban moito peor equipadas e organizadas que as de Francia.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade de Bailén dispón dunha grande actividade industrial da cerámica, viño e a hostalaría, xunto co cultivo de herbáceos e o desenvolvemento dunha industria do aceite.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A Igrexa parroquial da Nosa Señora da Encarnación, que foi construída no século XV, en estilo gótico isabelino, é un dos máximos expoñentes arquitectónicos da localidade, declarada Monumento Histórico.

Tamén destacan as ermidas da Nosa Señora da Soidade (século XV), de estilo gótico, as ermidas de Xesús e do Cristo, ambas as dúas de estilo barroco (século XVIII), a da Virxe de Zocueca, construída entre os séculos XVII e XVIII e a Parroquia de San Xosé Obreiro, xunto co seu barrio, que celebra as súas festas na súa honra o día 1 de maio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]