Moncayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°47′17″N 1°50′18″O / 41.78805556, -1.83833333

Moncayo
O Moncayo desde Matalebreras (Soria)

Elevación: 2.314 metros
Localización: Soria, Zaragoza
Cordilleira: Sistema Ibérico
Primeira acensión: ?
Rota máis fácil: Desde o santuario da Virxe do Moncayo
O Moncayo desde Alcalá (Zaragoza)

O Moncayo, ás veces tamén chamado Monte de San Miguel é unha montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León), en España. Pola súa altura é a cima máis elevada do Sistema Ibérico e un dos picos emblemáticos da Península Ibérica.

Desde 1978 o contorno onde se ergue está protexido como Parque Natural de la Dehesa del Moncayo cunha superficie de 9.848 ha.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é do máis duro dentro do conxunto do Val do Ebro, aínda que as temperaturas máis baixas se alcanzan nas depresións que cortan os ríos e que poden superar os -15 °C. Ao tempo é a zona máis chuviosa, especialmente na cara setentrional do macizo, onde converxe a nubosidade procedente do noroeste da península, o que fai que as precipitacións medias anuais estean arredor dos 1.000 mm.

Vexetación[editar | editar a fonte]

O relativamente nivel alto de precipitacións, favorece a aparición de plantas propias doutros dominios florais, como o carballo, que se desenvolve nas ladeiras setentrionais baixas, e a faia, que xorde nas zonas de avesedo.

Vías de ascenso[editar | editar a fonte]