Comarca de El Valle
Comarca El Valle | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Soria |
Área | 412.19 km² |
Poboación | 1.696 hab. (2011) |
Concellos | El Royo Almarza Rollamienta Sotillo del Rincón |
El Valle é unha bisbarra natural resgardada polas serras de Cebollera, Tabanera e Carcaña, situada no Norte da provincia de Soria, Castela e León (España) e formada polos seguintes municipios: Rebollar, Rollamienta, Sotillo del Rincón, Valdeavellano de Tera e Villar del Ala. Tamén se incluíron nesta bisbarra os municipios de Almarza, La Póveda de Soria e El Royo. A cabeza de bisbarra tradicionalmente foi Valdeavellano de Tera.
Polo territorio discorren os ríos Tera, Razoncillo e Razón.
Limita ao Norte con Cameros, ao Sur coa bisbarra de Soria e o Campo de Gómara, ao Leste con Tierras Altas e ao Oeste con Pinares.
É coñecida popularmente como a Pequena Suíza Soriana polo seu verdor. Dela é orixinaria a manteiga con denominación de orixe "Manteiga de Soria".
Demografía[editar | editar a fonte]
Concello | Poboación | Superficie | Pedanías |
---|---|---|---|
Almarza | 663 | 101,13 | Cubo de la Sierra, Espejo de Tera, Gallinero, Portelárbol, San Andrés de Soria,
Segoviela, Sepúlveda de la Sierra, Tera e Matute de la Sierra |
La Póveda de Soria | 118 | 64,3 | Arguijo e Barriomartín |
Rebollar | 44 | 10,38 | |
Rollamienta | 42 | 18,62 | |
El Royo | 331 | 126,06 | Derroñadas, Hinojosa de la Sierra, Langosto e Vilviestre de los Nabos |
Sotillo del Rincón | 220 | 60,54 | Aldehuela del Rincón e Molinos de Razón |
Valdeavellano de Tera | 220 | 19,46 | |
Villar del Ala | 58 | 11,7 |