Almazán, Soria
Coordenadas: 41°29′9″N 2°31′59″O / 41.48583, -2.53306
Almazán, Soria | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Puerta de la Villa. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Com. Autónoma | Castela e León | ||
Provincia | Soria | ||
Comarca | Almazán | ||
Xeografía | |||
Altitude | 960 msnm | ||
Superficie | 166,53 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 5.861 hab. (2012) | ||
Densidade | 35,19 hab./km² | ||
Xentilicio | adnamantino/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 42200 | ||
Alcalde | José Antonio De Miguel Nieto (PPSO) | ||
www.almazan.es |
Almazán é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). En 2012 tiña 5861 habitantes (INE) e ocupa unha superficie de 166,53 km².
Historia[editar | editar a fonte]
En 1375, en Almazán asinouse un acordo de paz entre Castela e Aragón. Pedro IV o Cerimonioso, rei de Aragón, e Henrique II de Castela, rei de Castela.
Juan Furtado de Mendoza, en 1392 era Mordomo maior do Rei Henrique III. O Rei Henrique IV de Castela regálalle a Vila e faille señor da mesma.
A comarca estaba divida en dúas sexmos (división territorial que comprende certo número de pobos asociados para a administración de bens comúns). Había 40 pobos entre os dous sexmos; 24 en terra chaira e 16 na Serra.
A Vila estaba rexida polo Alcalde Maior; axudábanlle seis rexedores (tres da clase de Hidalgos e tres homes bos do pobo)
Almazán era un Marquesado do Conde de Altamira, sendo este un título entroncado na liñaxe dos Furtado de Mendoza.
Natural de Almazán foi Diego Laínez,(1512-1565), relixioso xesuíta español, compañeiro de san Ignacio de Loyola e sucesor seu como xeral da Compañía de Jesús, foi un dos teólogos máis influentes no Concilio de Trento. Naceu en Almazán, estudou filosofía na Universidade de Alcalá de Henares e teoloxía na de París, onde coñeceu a San Ignacio. Fixo os votos xunto con el na igrexa de Montmartre (Francia) en 1534 e foi ordenado, en 1537, en Roma. En 1545 foi enviado como teólogo pontificio ao Concilio de Trento, participando nas súas sesións ata a súa conclusión. A partir de 1556 sucedeu a San Ignacio como xeral da Compañía, á fronte da cal, en Roma, permaneceu ata o seu falecemento.
Demografía[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación de: Almazán, Soria desde 2000 ata 2007
| |||||
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2007
|
5789 | 5794 | 5727 | 5755 | 5786 | 6004 |
Evolución da poboación de: Almazán, Soria desde | |||||
1887 | 1920 | 1960 | 2001 | 2007
| |
2400 | 2707 | 2947 | 4009 | 5546 | 6004 |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Almazán, Soria |